Amin Maalouf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amin Maalouf, 2013.

Amin Maalouf, nado en Beirut o 25 de febreiro de 1949, é un escritor libanés. A familia materna é de tradición anglófona e católica e a paterna francófona e protestante.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Amin Maalouf estudou economía, política e socioloxía e traballou no xornal An Nahar como responsábel da sección de internacional. Foi correspondente durante 12 anos e visitou máis de 60 países, especialmente Etiopía, Somalia, Bangladesh e Vietnam, onde foi testemuña da batalla de Saigón. Desde 1975, cando estalou a guerra do Líbano, exilouse en Francia, onde traballou como redactor xefe da revista Jeune Afrique. Actualmente dedícase só á literatura. Recebeu o premio Maison de Presse pola súa novela Samarcanda e o Goncourt por A rocha de Tanios. Dous dos seus maiores éxitos son As cruzadas vistas polos árabes e León o Africano.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • León o Africano (Léon l'Africain, 1986).
  • Samarcanda (Samarcande, 1988).
  • Os xardíns de luz (Les Jardins de lumière, 1991).
  • O primeiro século após Beatriz (Le Premier Siècle après Béatrice, 1992).
  • O rochedo de Tanios (Le Rocher de Tanios, Premio Goncourt 1993).
  • As escalas do Levante (Les Échelles du Levant, 1996).
  • A viaxe de Baldassare (Le Périple de Baldassare, 2000). Traducido ao galego por Xavier Queipo e María Dolores Torres París.
  • Orixes (Origines, 2004).

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • As identidades asasinas (Les Identités meurtrières, 1998).
  • As cruzadas vistas polos árabes (Les croisades vues par les Arabes, 1983), Premio das Maisons de la Press.
  • A deleiba do mundo (Le Dérèglement du monde, 2009). Traducido por Maria Dolores Torres París.

Libretos de ópera[editar | editar a fonte]

  • O amor de lonxe (L’Amour de loin, 2001 - música de Kaija Saariaho).

Prefacios[editar | editar a fonte]

  • "Por unha educación bilingüe" ("Pour une éducation bilingue : Guide de survie à l'usage des petits européens", 1981).
  • "Sobre a adivinación, Cicerón", ("De la Divination", Cicéron, 1992).
  • "O Profeta, Khalil Gibran" ("Le Prophète", Khalil Gibran, 1993).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]