Wikipedia:Votacións para borrar/Yohualtecuhtli
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Yohualtecuhtli[editar a fonte]
Votación PECHADA: Proposta de borrado de Yohualtecuhtli
Período de votación: 28/5/2019 - 8/6/2019
SI: 1 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Manter |
- Proposto por: Maria zaos (conversa) 28 de maio de 2019 ás 06:25 (UTC) (Período de votación: dende o 28-05-2019 ata, polo menos, o 04-06-2019)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: artigo demasiado curto creado por unha ip en 2008, aparentemente dunha tradución de es.wiki que á súa vez viña da wikipedia en polaco. Sen referencias acreditadas, a única fonte non está ben especificada, a ligazón de acceso está morta e probablemente estivese en polaco. Illado. Non hai certeza para categorizalo dentro de mitoloxía azteca, categoría que actualmente ten só catro páxinas indizadas. Falta contexto e hai dificultades para amplialo, tanto polo tema de localización de fontes como polo posible tamaño final. Eu entendo que responde á categoría |WP:A1 de borrado rápido, que di:
- "Este criterio refírese aos artigos moi curtos que non conteñan un contexto suficiente para identificar o suxeito do artigo. Se a información do título ou o contido, incluíndo ligazóns, lle permite a un editor engadir máis información sobre o tema para ampliar o artigo, non é axeitado empregar este criterio. Tamén se aplica este criterio cando hai artigos curtos sobre persoas, animais individuais, organizacións, obras, eventos ou contido web que non sexan significativos e non estean apoiados por fontes fiables que permitan a súa verificabilidade". Consúltese a conversa para ver as razóns de sometelo a votación.--Maria zaos (conversa) 28 de maio de 2019 ás 06:25 (UTC)[responder]
- Borrar
Borrar. --Maria zaos (conversa) 28 de maio de 2019 ás 06:25 (UTC)[responder]- Borrar. Sen referencias. WP:NFP. --. HombreDHojalata.conversa 28 de maio de 2019 ás 06:53 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter Atopei esta fonte, esta e estoutra. O que non teño claro é se é azteca ou mesoamericano. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de maio de 2019 ás 07:10 (UTC)[responder]
- Manter Eu atopei tamén esta referencia como deus mexica. --Dodro (conversa) 28 de maio de 2019 ás 22:45 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Estatística (dispoñible só dende 2015) de visitas na Galipedia e uso diario comparado coas outras dúas únicas wikis que a teñen. Estatísticas de edicións por usuario que veñen indicando que hai doce: 1 edición de usuario (Lansbricae)+ 1 de ip hai 11 anos, unha de usuario HdH (que vota en contra) hai 9 anos e o resto foron bots, (5 edicións), e cas catro que fixen cos marcadores estes días.--Maria zaos (conversa) 30 de maio de 2019 ás 14:07 (UTC)[responder]
- Maria zaos, penso que esas estatísticas non son base para borrar ou deixar un artigo..., seguro que hai centos de artigos en semellantes condicións e non se van borrar polo número de visitas nin polo número de edicións... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de maio de 2019 ás 15:18 (UTC)[responder]
- Eu segura do que falas non estou, Elisardojm, porque os datos deses posibles artigos non os busquei ;), só mirei este. Podería ser que hai centos ou podería ser que non. Tal como eu entendo o tema, o proceso de someter a votación as cousas tamén é considerar e valorar as achegas doutros editores no historial do artigo a través da súa posibilidade de votar e comentar, por iso indiquei os usuarios. Por outra banda un dos puntos a valorar aquí é se "é significativo", polo que o valor que esta comunidade lle deu o artigo pode ser relevante, así que non vexo que mal pode facer considerar, a maiores de en quen editou, quen o leu.--Saúdos.Maria zaos (conversa) 30 de maio de 2019 ás 16:04 (UTC)[responder]
- Vale Maria zaos, tes razón, non ven ó caso falar doutros artigos. Pero sigo dicindo que eses datos tampouco veñen ó caso para tomar unha decisión sobre se se debe borrar ou non o artigo. Se o artigo estivese editado por cen usuarios (imaxina que ós usuarios dunha web se lles ocorre "trolear" un artigo) e fose fonte primaria habería que borralo, e se tivese un millón de visitas tamén. O que vale, ou non, é que sexa correcto, non o número de editores ou de visitas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2019 ás 08:02 (UTC)[responder]
- Eu segura do que falas non estou, Elisardojm, porque os datos deses posibles artigos non os busquei ;), só mirei este. Podería ser que hai centos ou podería ser que non. Tal como eu entendo o tema, o proceso de someter a votación as cousas tamén é considerar e valorar as achegas doutros editores no historial do artigo a través da súa posibilidade de votar e comentar, por iso indiquei os usuarios. Por outra banda un dos puntos a valorar aquí é se "é significativo", polo que o valor que esta comunidade lle deu o artigo pode ser relevante, así que non vexo que mal pode facer considerar, a maiores de en quen editou, quen o leu.--Saúdos.Maria zaos (conversa) 30 de maio de 2019 ás 16:04 (UTC)[responder]
- Se non se poñen as referencias no artigo, o artigo segue sendo de borrado, por que, repito: Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2019 ás 19:30 (UTC)[responder]
- Comentario Xa están engadidas, incorporounas Elisardo, por iso risquei o voto. Desculpas porque como ben apuntastes o problema érache máis ben WP:NFP. A redacción da sección de borrado rápido ségueme a resultar confusa (moi curto vs curto a secas; quen decide se é significativo ou non). Cando teña tempo poreino na conversa do modelo, probablemente se tivese moi claro no seu momento, pero o engadido que marquei en negriña é moi ambiguo polo tema da significancia. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 2 de xuño de 2019 ás 00:27 (UTC)[responder]