Wikipedia:Votacións para borrar/Discriminación
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Borrado do artigo Discriminación
Período de votación: 26-11-2008 - 13-1-2009
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: borrado |
Discriminación[editar a fonte]
Aínda que me parece un artigo moi necesario, creo que a súa redacción ten tantos problemas que dá máis traballo borralo e facelo de novo ca amañalo. Algúns dos problemas:
- falta de neutralidade
- afirmacións non comprobadas
- irreferencialidade
- problemas de tradución
- hispanocentrismo (información baseada en España e Arxentina).
Por iso propoño o borrado deste artigo. --Xabier Cid Conversa 20:55, 26 novembro 2008 (UTC)
Borrar[editar a fonte]
- Borrar. --Xabier Cid Conversa 20:55, 26 novembro 2008 (UTC)
- Borrar Polos motivos expostos. Alberte Si, dígame? 21:17, 28 novembro 2008 (UTC)
- Borrar. Todos os problemas expostos por Xabier Cid xustifican o borrado. --Prevertgl 18:36, 2 decembro 2008 (UTC)
- Borrar -- Norrin_strange (Fala-me) 22:53, 27 decembro 2008 (UTC)
- Borrar. Mensaxe deixada por User:Elvire, que non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 23:26, 12 xaneiro 2009 (UTC)
- Borrar. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 23:36, 12 xaneiro 2009 (UTC)
Manter[editar a fonte]
Neutros[editar a fonte]
- Eu penso que se nos poñemos a eliminar tódolos artigos se referencias non ía quedar títere con cabeza. Gustaríame ver máis argumentos pra decidirme se votar borrar ou non borrar.--Hugo22 21:03, 26 novembro 2008 (UTC)
- Ola, Hugo, non é tanto que non teñan referencias, como que non sexa referenciable. É dicir, se a data de nacemento dun pintor non está referenciada, debería estalo, pero en todo caso pode chegar a estalo. Se dicimos, por exemplo, "Hoxe en día podemos ver a discriminación entre subculturas ou culturas urbanas, un exemplo desto é o enfrentamento constante da cultura rock (rockeros) contra a cultura do hip hop (hopper's)", non hai onde buscar esta referencia. Non está referenciado, pero nunca ninguén poderá referenciar iso. Hai máis exemplos de problemas na conversa do artigo. --Xabier Cid Conversa 21:43, 28 novembro 2008 (UTC)