Wikipedia:Votacións para borrar/Daína Chaviano
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Daína Chaviano[editar a fonte]
O editor principal, 74.186.55.226conversa[1] ou Ernestolakeconversa[2] (son a mesma persoa), fan da escritora, webmaster e administrador de varias páxinas sobre ela, ten unhas 1.500 edición nuns 25 proxectos, case todas no artigo de Daína Chaviano. Parece claro que non ten interese en colaborar coa Wikipedia, o seu único interese é promocionar a tal Daína Chaviano. Máis datos nas páxinas de conversa do usuario--. HombreDHojalata.conversa 19:30, 4 de setembro de 2010 (UTC)
- Borrar
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 19:30, 4 de setembro de 2010 (UTC)
- Borrar --Alberte Si, dígame? 00:41, 5 de setembro de 2010 (UTC)
- Borrar--Xabier Cid Talk, please 22:11, 29 de setembro de 2010 (UTC)
- Borrar Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:20, 1 de marzo de 2011 (UTC)
- Manter
- Manter. Hai tempo que veño pensando no alto grao de subxectividade que supón entrar a valorar a intención propagandística dun artigo. Está claro que se se trata dun artigo irrelevante (por exemplo, se alguén fai artigo de min mesmo, que non son ninguén) ou viola claramente o PVN, estamos perante un caso claro. Pero no caso que nos ocupa, razoablemente neutral e, sobre todo, referenciado perfectamente aquelas frases que puidesen dar pé a considerar o seu carácter propagandístico, non o considero así. Que o autor só fai páxinas sobre ela? E que?. Menres respecte a obxectividade e referencie non lle vexo o problema. Acaso cando nós creamos un artigo sobre algo que nos gusta non estamos en certo sentido facéndolle propaganda? Quero dicir, no sentido de que desexamos que aquilo ao que nos referimos sexa coñecido e chegue ao maior número de persoas posibles. Ese é o meu propósito, por exemplo, cando ampliei o artigo de Celso Emilio Ferreiro, poeta que me encanta. Dálo a coñecer, espallar o coñecemento sobre el. Non é a mesma meta que se propón o creador deste artigo? Respectando o PVN e referenciando, insisto, non lle vexo o problema. Un saúdo!--Paradanta (Cóntame) 15:54, 9 de setembro de 2010 (UTC)
- Non, non exactamente. O teu primeiro interese é a wikipedia, non Celso Emilio. E de feito fixeches moitos artigos sobre outras cousas, e traballo de poda e axuste, non só ampliar contidos indefinidamente sobre Celso Emilio. Este é un caso claro de cross-wiki, onde se usa a wikipedia para fins espúreos (promocionais) e non para a transmisión de coñecemento. --Xabier Cid Talk, please 22:11, 29 de setembro de 2010 (UTC)
- Comentarios