Wikipedia:Sobre Galicia/xullo 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xaquín Lorenzo Fernández (Xocas), personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, naceu o 23 de xuño de 1907 en Ourense, lugar onde faleceu o 19 de xullo de 1989. Foille dedicado o Día das Letras Galegas no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo. Tamén recibiu o Premio Trasalba en 1983.