Wikipedia:Sobre Galicia/febreiro 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde orixinariamente foi introducida polos monxes franciscanos esta especie procedente das Américas. Trátase dun pemento de pequenas dimensións que ten, como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o que algúns exemplares resulten particularmente picantes (aproximadamente entre un 10% -ou mesmo modernamente menos- e un 25%).