Wikipedia:Sobre Galicia/agosto 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Avelino Cachafeiro Bugallo, coñecido como O Gaiteiro de Soutelo (Soutelo de Montes, 26 de maio de 189913 de abril de 1972) foi un gaiteiro galego. De familia de gaiteiros da Terra de Montes, aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao bombo. Formou o grupo de gaiteiros Os Gaiteiros de Soutelo cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en 1924.