Wikipedia:Sobre Galicia/agosto 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Mosteiro de San Clodio, situado na comarca do Ribeiro, ten as súas orixes posiblemente no século VI, cara o ano 550, en relación cos feitos ocorridos durante a persecución ariana en tempos de Requila. Despois do martirio e morte do abade de San Claudio de León e varios monxes, o resto da comunidade fuxiu e buscou refuxio no val do Avia, onde fundaron un novo mosteiro. Aínda todo isto, á vista das fontes, que resulta difícil manter a existencia dunha fundación anterior ao século X. O mosteiro foi declarado Monumento Histórico Nacional en 1931.