Wikipedia:Sobre Galicia/agosto 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Follas novas (1880) é un poemario de Rosalía de Castro (1837-1885). Rosalía concibiu nun comezo este poemario como unha continuación de Cantares gallegos: O 40% dos poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en 1863, mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser.