Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Illa de San Martiño, Cíes, Vigo.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 2 a favor, 1 en contra. Non se elixe.
Ficheiro:Illa de San Martiño, Cíes, Vigo.jpg[editar a fonte]
- Información: Illa de San Martiño, pertencente ás illas Cíes, parroquia de Cíes, Vigo. Imaxe creada e cargada en Flickr por A torre da derrotA (Usuario:Albert galiza); proposta por Lmbuga. -- Lmbuga / Conversa comigo 20:59, 8 marzo 2010 (UTC)
- A favor
- Concordo. -- Lmbuga / Conversa comigo 20:59, 8 marzo 2010 (UTC)
- Concordo para ista, a que propón abaixo HombreDHojalata tamén me gusta. Elvira (conversa comigo) 14:45, 13 marzo 2010 (UTC)
- En contra
Discordo --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:45, 8 marzo 2010 (UTC). Retiro o voto segundo resolución do debate no taboleiro de administradores. --Atobar (conversa comigo) 14:51, 9 marzo 2010 (UTC)- Comentario A miña razón para emitir un voto negativo, agora retirado polos administradores, é a seguinte: na imaxe proposta non percibo a menor traza de tensión estética, nin nas luces e as sombras, nin nas cores, nin no encadre nin na composición. Son dúas manchas planas de distinto ton de azul sen matices (ceo e mar) e inexpresivas, e entre elas unha masa na que non se percibe intención ningunha, envolta nunha tinta neboenta agrisada que difumina o último plano. Entendo que a imaxe da semana debe ter un especial interese, non só dun punto de vista técnico ou descritivo, tamén plástico, e ao meu modo de ver esta non o ten. Ter a man outras que reúnen estas características, como a actual imaxe da semana, non favorece nada a esta na votación. Non hai nin que dicir que sobre estes motivos non cabe a discrepancia, como non cabe discutir do que é feo ou fermoso. En todo caso xa este tema quedou resolto, como ben di Atobar. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:27, 10 marzo 2010 (UTC)
- Discordo. Esta ten máis resolución. --HombreDHojalata conversa 21:51, 8 marzo 2010 (UTC).
- Comentarios
- Repárese na calidade da imaxe. Moi superior á calquera das que tiñamos. Se se quere aducir que non debe haber tantas paisaxes, abonda con escalar as imaxes e ir colocando unha dun tipo e outra doutro, non é necesario votar en contra. Claro que alguén debe propor imaxes doutro tipo. Eu, de animais, non sei se volverei propor. A última que propuxen (da lagarta) ten 20 megapíxeles (máis ou menos) e é moi boa; tras propor esa e ver o aducido (non se poderá propor unha torre porque non se pilla o edificio enteiro) e o resultado,... Claro que nesta tampouco se pillan tódalas illas Cíes (creo)-- Lmbuga / Conversa comigo 21:18, 8 marzo 2010 (UTC)
- Comentario Só aparece unha das illas, a de San Martiño (ou illa do Sur) que non é visitable, a non ser que teñas barco propio, e a fotografía está tomada dende a Illa do Faro (ou illa do Medio). --Alberte Si, dígame? 21:25, 8 marzo 2010 (UTC)
- (A HombreDHojalata) Certamente a imaxe que dis ten máis tamaño e ten mellor a cor, pero as sombras do primeiro plano son deplorables (só por iso é peor imaxe, o tamaño e a cor non necesariamente é o máis importante para a foto da semana). Claro que pode ser recortada: ¿Por que non a propós?, xa non digo que a recortes (que na miña opinión case deberías). ¿Por que non perdes dez minutos en propola e o tempo que che leve recortala? (telo meu voto en contra se non a recortas, pero se a recortas, podes telo a favor, case seguro), claro que é dunha paisaxe e contradiría o argumento de que unha paisaxe é un horror.-- Lmbuga / Conversa comigo 22:53, 8 marzo 2010 (UTC)
- (A Xoacas) Dos teus motivos non podo opinar. Contravés as normas da páxina e da wikipedia nesta páxina. Só podo opinar que a única aportación que tiveches con razoamentos, con argumentos lexibes e orixinais, foron sobre a foto dun amigo e para defendela. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 22:53, 8 marzo 2010 (UTC)