Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Central Térmica Meirama 02.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 3 votos a favor e 1 en contra. Ó non alcanza-lo mínimo de 5 votos favorables, non é aprobada.
Ficheiro:Central Térmica Meirama 02.jpg[editar a fonte]
- Información: Polución da Central térmica de Meirama, do grupo Unión Fenosa, en Cerceda. imaxe creada por Aprofa e cargada por Aprofa; proposta por Lmbuga. -- Lmbuga / Conversa comigo 16:40, 3 outubro 2009 (UTC)
- Concordo.Gústame máis esta imaxe ca Ficheiro:Central Térmica Meirama.jpg, pero quizais fose preferible estoutra para a portada, non o teño claro -- Lmbuga / Conversa comigo 16:40, 3 outubro 2009 (UTC)
- Concordo. Paréceme unha boa escolla, neste caso este tipo de composición funciona ben e crea interese. --Prevertgl 14:58, 5 outubro 2009 (UTC)
- Concordo. A mín gustanme moito as dúas, a ver si dentro duns meses pensamos (ou peno) en propór a outra. Non temos moitas fotos da portada sobre a Galicia industrial ElviraConversa comigo 09:58, 6 outubro 2009 (UTC)
Contra
- Discordo Non a vexo na portada. Non me di nada. --Atobar (conversa comigo) 15:52, 8 outubro 2009 (UTC)
- Comentarios
- Comentario Sorpréndeme que esta imaxe poida non dicir nada: A min semellábame a mellor imaxe posible para mostrar a pegada humana sobre o medio ambiente. Nun inicio semelloume que o ceo por encima do fume era excesivo. Logo deime conta de que non, logo deime de conta de ese ceo suxería esperanza. A min encántame.-- Lmbuga / Conversa comigo 21:09, 13 outubro 2009 (UTC)
- Comentario Igual que Lmbuga, malía ca mín ese cor rosado no ceo suxere polución, non sei si é certo, entendin falar diso. Penso ca imaxe pode dar moito a cavilar e por demaís non carece de calidades tecnicas, digo esto, non por ter coñocementos en fotografía, pero porque a súa estetica gustame, e xa que Lmbuga a propón sera que non sera tan mal. Elvire 12:59, 15 outubro 2009 (UTC)
- Comentario Podes ter razón, Elvire, e a nube do ceo deberse á polución. Con todo, a min o que me achega é o solpor, de aí a escuridade da fábrica que xa está na sombra, e polo tanto a proximidade dun novo día-- Lmbuga / Conversa comigo 22:42, 17 outubro 2009 (UTC)
- Comentario Évos curioso o diferentes que podemos ser. Para min esta é a imaxe máis expresiva que propuxen ou votei (tamén en comparación coas que subín) nos últimos tempos. Pode non ser adecuada para a portada (xa expresei esa dúbida). O que está claro é que non sairá esta foto aceptada, xa se ve, vale que non saia aceptada, por iso non protesto. O que non entendo é que non saia aceptada e non haxa obxección ningunha, que non haxa ningún voto en contra serio indicando a causa de non saír aceptada. Por detrás da imaxe pode ser que haxa un usuario que a fixo e que, coma min, non acabe de comprender o procedemento de voto e a falta de xustificación (perdoa Atobar que non considere o teu voto, pero é que non considero seria a súa xustificación). Deberiamos de preocuparnos máis polas xustificacións dos votos negativos pois por detrás das imaxes hai identidades-- Lmbuga / Conversa comigo 22:42, 26 outubro 2009 (UTC)
- Comentario Simplemente, non é unha foto que me guste especialmente, é ao meu ver non é para ir na portada. Xa de seu, isto é unha razón, pero engado de máis a máis que nin a cantidade de fume nin as sombras dos edificios e mais da torre me parece que contribúan a facer desta unha boa foto. Canto ás identidades que hai detrás das fotos, home, coido que está fóra de toda dúbida o meu respecto polos editores que suben fotografías, e concretamente para o caso Aprofa ten outras que xa lle dixen que eran fenomenais. Non hai moito máis que dicir. Discrepamos nos nosos gustos, iso é todo, e é bo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:12, 27 outubro 2009 (UTC)
- Comentario Non adoito comentar os votos de ninguén por unha serie de razóns que neste momento non vén ao caso lembrar. Paréceme que esta é unha excepción porque trata do procedemento. Coido que ao que se refire Lmbuga é que os votos deben estar debidamente xustificados, en particular os votos negativos. A efectos de argumentación dicir que unha imaxe non gusta non é un motivo válido en termos das votacións deste apartado na Galipedia e o voto sería nulo. Nunca se anulou un voto por ese motivo aínda que non lembro que antes se xustificara o voto dese xeito. Nos votos positivos é certo que moitas veces por aforrar tempo —quen vota— e por interpretar —o resto dos colaboradores e os administradores— que quen vota a favor (sobre todo no caso de colaboradores con historial de contribucións no wiki) está indicando que aprecia as mesmas cualidades (ou outras) na imaxe proposta, a xustificación pode estar ausente (aínda que se se dera o caso e se fora preciso cabe a posibilidade de solicitala). Porén o voto negativo debe xustificarse debidamente explicando as razóns que motivan ese sentido de voto. A elección da imaxe non é unha cuestión de gustos senón que debe encadrarse nunha serie de parámetros que poidan explicarse en termos que poidamos considerar obxectivos. Por outra banda, respecto aos autores é isto xa é unha opinión persoal e non pretende ditar o que deba facer cada un, o uso do voto negativo en situacións coma esta debería realizarse con moita prudencia porque sendo as fotografías obra dun autor único e sendo ditos autores persoas que fan unha contribución moi valiosa (polo xeral moi abondosa) a este proxecto non son merecentes de verse sometidos a un procemento que poida dar pé a pensar que se trata dun rexeitamento do seu traballo. Na miña opinión, aínda que non estea no ánimo de quen vota en contra, pode parecer irrespectuoso e desconsiderado se non se xustifica debidamente. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:56, 29 outubro 2009 (UTC)
- Comentario Reitero no dito: Non entendo que esta imaxe non saia aceptada e que non haxa obxección ningunha, que non haxa ningún voto en contra serio indicando a causa de non saír aceptada. Por detrás da imaxe pode ser que haxa un usuario que a fixo e que, coma min, non acabe de comprender o procedemento de voto e a falta de xustificación. É necesario revisar as normas de votación. As normas de votación son un obstáculo. -- Lmbuga / Conversa comigo 20:34, 12 novembro 2009 (UTC)