Wikipedia:Canle de IRC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:IRC
Referencia rápida
Red: freenode
Servidor: irc.freenode.net
Canle: #wikipedia-gl
(ligazón directa)

Esta páxina intenta explicar como podes conectarte á canle de IRC da Wikipedia en galego para poder participar máis activamente na Wikipedia e que outros wikipedistas poidan solucionarche os problemas que poidas atopar.

Sobre IRC[editar | editar a fonte]

Chámaselle IRC (Internet Relay Chat) a unha rede de comunicación en tempo real na que podes falar cun grupo de usuarios ao mesmo tempo. Estes grupos de usuarios están conectados a unha das redes de IRC. A rede freenode [1] inclúe grupos de usuarios e canles que tratan sobre proxectos de software libre.

Os grupos de usuarios concéntranse en canles; estas sempre levan o signo # diante do nome da canle. Por exemplo, a nosa canle chámase #wikipedia-gl e está dentro da rede freenode cuxa dirección é irc.freenode.net.

Se usas o navegador Firefox tamén podes descargar a extensión (addon) Chatzilla para usar o IRC dende o teu navegador.

Tamén podes conectarte a través de webchat a con esta ligazón.

Obter un cliente IRC[editar | editar a fonte]

Para poder participar nunha canle de IRC o primeiro que necesitas é un cliente IRC, que simplemente é un programa co cal conectarse a unha destas redes.

Hai moitos clientes, algúns máis complicados de utilizar que outros pero con máis características. Os máis interesantes son X-Chat, Pidgin, e mirC - IRcap, todos libres, moi sinxelos de usar e con versións para os sistemas operativos máis comúns.

Rexistrar o teu nome e identificarte[editar | editar a fonte]

Se te conectas habitualmente á rede, deberías rexistrar o teu nome de usuario do mesmo xeito que o fas na Wikipedia para que os demais usuarios poidan identificarte e ninguén poida usurpar a túa personalidade. Ademais, isto permitirache enviar mensaxes privadas a outros usuarios, que segundo a configuración de freenode, están deshabilitados para usuarios non rexistrados. Existen canles na que é un requisito estar rexistrado para poder falar, pero ese non é o noso caso.

Comandos[editar | editar a fonte]

Podes empregar estes comandos para cambiar de nick, rexistralo, identificarte ou recuperalo. Lémbrate de facelo sempre na ventá que pon "irc.freenode.net" e non na do canle, para que outros usuarios non podan ver a túa contraseña.

  • /nick ****

Serve para cambiar de nick. Substitúe os **** polo nick que queiras.

  • /msg nickserv register ****

Cando teñas posto o teu nick, escribe este comando para rexistralo, poñendo a contraseña que queiras en vez de ****. Só fai falla rexistrar o nick a primeira vez que te conectes. O contrasinal que empreges debería ser diferente ao que utilizas na Wikipedia porque poderías escribir por erro o contrasinal na canle e poderíano ler todos os usuarios, aínda que non é habitual porque a maioría dos clientes permiten identificarte automaticamente.

  • /msg nickserv identify ****

Cada vez que entres no chat podes identificar o teu nick con este comando. Non é obrigatorio, mais si recomendable.

  • /msg nickserv set password ****

Serve para cambiar de contraseña. Substitúe os **** pola nova contraseña que queiras poñer.

Que son eses caracteres raros que vexo? (problemas con UTF-8)[editar | editar a fonte]

No IRC utilizamos a codificación UTF-8 para charlar (a mesma que utiliza a Wikipedia).

Na actualidade, a maioría dos clientes poden interpretar correctamente a codificación UTF-8, así que se ves caracteres estraños é moi probable que o teu cliente estea desactualizado ou mal configurado. Para solucionar iso hai moitos parches ou o teu mesmo podes configuralo.

Usuarios do IRC[editar | editar a fonte]

Se es un usuario habitual do canle IRC da Galipedia podes engadir na túa páxina o marcador {{Usuario IRC|nome}} para que o resto dos usuarios poidan identificarte coma tal.

:-) Este usuario conéctase á Canle de IRC da Galipedia #wikipedia-gl.
O seu nick é exemplo.

A canle #wikipedia-gl e a wikipedia[editar | editar a fonte]

A canle #wikipedia-gl en freenode é un lugar non oficial no que os colaboradores conversan mediante IRC. No que fai respecto á súa relación coa Wikipedia, o IRC é o equivalente a unha mensaxe por correo electrónico ou a parolar nun bar: son conversas privadas que, normalmente, non teñen influencia sobre como se debe desenvolver a Galipedia.

Algúns usuarios conéctanse mentres traballan na Galipedia e observan as discusións de cando en vez para ver de que se está a falar ou para participar. Algúns programas alertan cando se produce actividade na canle para que os colaboradores non perdan nada. Frecuentemente, os usuarios acoden a #wikipedia-gl para realizar consultas rápidas ou para chamar a atención dos demais sobre algo en particular.

Para debates oficiais, o lugar apropiado é A Taberna.