Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Israel
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Israel[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 17 de setembro de 2017 - 17 de outubro de 2017
SI: 7 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 17 de setembro de 2017 ás 00:07 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 17-09-2017 ata o 17-10-2017.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Segunda proposta deste artigo logo de que a primeira non conseguira apoios suficientes. Terceiro artigo máis longo da Galipedia a día da proposta, foi traducido e adaptado do gran traballo feito pol@s compañeir@s da Wikipedia en portugués, ampliado con achegas das Wikipedias en inglés e en castelán, así como outros contidos propios da Galipedia. Creo que o artigo é neutral, achegando a información sobre o sempre polémico Estado de Israel sen tomar partido. Conta con numerosas referencias, ligazóns exteriores, unha ampla sección bibliográfica, e está ben ilustrado. Dende a súa anterior proposta creáronse varios dos artigos principais e "véxase tamén", aínda que quedan moitos por facer, e unha tarefa que sen lugar a dúbidas acabará facéndose a medida que vaia pasando o tempo e vaiamos conseguindo ter máis colaboradorxs. --Piquito (conversa) 17 de setembro de 2017 ás 00:07 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 17 de setembro de 2017 ás 00:07 (UTC)[responder]
- Concordo. --CristianCb (conversa) 20 de setembro de 2017 ás 17:16 (UTC)[responder]
- Concordo. ----maghoi (conversa) 24 de setembro de 2017 ás 00:00 (UTC)ç[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 6 de outubro de 2017 ás 09:34 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 6 de outubro de 2017 ás 14:05 (UTC)[responder]
- Concordo. Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 14:49 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 15:40 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario Habería que revisar e traducir os textos en inglés que están nas notas, toda a axuda será benvida porque aínda son ben longos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de outubro de 2017 ás 01:01 (UTC)[responder]
- Elisardojm, dime os números e miro de traducilas. Grazas de novo pola revisión. Un saúdo, Piquito (conversa) 7 de outubro de 2017 ás 21:49 (UTC)[responder]
- Pois por exemplo o 51, 61, 95, 111, 336, 337, 338, 354, 355, 356 (moi grande), 357, 397. Creo que esas son as únicas que faltan, Piquito, e grazas a ti por traducir este gran artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2017 ás 01:29 (UTC)[responder]
- Elisardojm, traducín as dúas primeiras, mais estiven pensando: en moitos casos son citas textuais da bibliografía sinalada na propia referencia, e o que din xa aparece no texto, a pregunta antes de saber se continúo a traducir o resto é: neses casos hai que traducir a cita ou non? Piquito (conversa) 8 de outubro de 2017 ás 21:03 (UTC)[responder]
- Si, hai que traducilas, o orixinal, na súa lingua orixinal, xa está na fonte. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2017 ás 21:14 (UTC)[responder]
- Elisardojm, xa traducín todas as notas que sinalabas arriba, se podes revísaas por se hai algo que non se entenda e/ou algo de ortografía mellorable. Graciñas de novo, Piquito (conversa) 9 de outubro de 2017 ás 22:52 (UTC)[responder]
- Si, hai que traducilas, o orixinal, na súa lingua orixinal, xa está na fonte. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2017 ás 21:14 (UTC)[responder]
- Elisardojm, traducín as dúas primeiras, mais estiven pensando: en moitos casos son citas textuais da bibliografía sinalada na propia referencia, e o que din xa aparece no texto, a pregunta antes de saber se continúo a traducir o resto é: neses casos hai que traducir a cita ou non? Piquito (conversa) 8 de outubro de 2017 ás 21:03 (UTC)[responder]
- Pois por exemplo o 51, 61, 95, 111, 336, 337, 338, 354, 355, 356 (moi grande), 357, 397. Creo que esas son as únicas que faltan, Piquito, e grazas a ti por traducir este gran artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2017 ás 01:29 (UTC)[responder]
Israel (proposta de 2016)[editar a fonte]
Votación PECHADA: Rexeitado
Período de votación: 20 de febreiro de 2016 - 21 de marzo de 2016
SI: 2 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2016 ás 22:59 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 20-02-2016 ata o 21-03-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo traducido e adaptado do gran traballo feito polos compañeiros da Wikipedia en portugués, ampliado con achegas das Wikipedias en inglés e en castelán, así como outros contidos propios da Galipedia. Creo que o artigo é neutral, achegando a información sobre o sempre polémico Estado de Israel sen tomar partido. Conta con numerosas referencias, ligazóns exteriores, unha ampla sección bibliográfica, e está ben ilustrado. Hai moitas ligazóns internas en vermello, pero iso non é problema do artigo, é problema da Galipedia, xa se irán facendo. --Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2016 ás 22:59 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Gobraves (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 15:28 (UTC)[responder]
- Concordo. Non ía votar, pero ante a certeza de que non vai sair elixido e o meu voto non vai alterar o resultado voto a favor. É unha mágoa que este artigo non teña espertado o máis mínimo interese entre a comunidade, un tema polémico e ben tratado podía ter sido moi positivo para a Galipedia. --Piquito (conversa) 20 de marzo de 2016 ás 21:37 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Agardar Ver comentario. --AMPERIO (conversa) 21 de febreiro de 2016 ás 12:48 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Ata a segunda malla da Galipedia, o artigo estaba marcado na Categoría:Wikipedia:Atención. --Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2016 ás 22:59 (UTC)[responder]
- Comentario Por manter a concordancia co proceso de elección doutros artigos sobre xeografía como foi o caso de Nova Zelandia e Portugal, vexo necesaria a creación polo menos dos Artigos Principais e Véxase tamén, o resto das ligazóns vermellas non as vexo problema e xa irán aparecendo, espero, co tempo. Polo momento, e como aínda queda case un mes de votación, non vou a votar e intentarei colaborar na súa creación, pero se ben como di Piquito é problema da Galipedia, a Galipedia somos todos os usuarios, polo tanto é problema noso. --AMPERIO (conversa) 21 de febreiro de 2016 ás 12:29 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Cómpre dicir que despois de facer esta táboa vexo excesivo o número de artigos principais e véxase tamén. Se cadra habería que quitar algún.--AMPERIO (conversa) 21 de febreiro de 2016 ás 12:48 (UTC)[responder]
- O que sinalas dos artigos principais e os "véxase tamén" é lícito, AMPERIO, e eu compartín esa visión ata hai relativamente pouco, porén o feito de traballar só (ou case só) sobre algúns temas fixo que mudara a percepción que tiña sobre este asunto en concreto. Ben é certo que o ideal sería que os artigos principais dos artigos de calidade estiveran creados na súa totalidade, mais non é menos certo que a Galipedia ten moi poucos editores e polo tanto, menos intereses individuais (enténdase por intereses cousas que interesan) que Wikipedias con moitos máis usuarios que a nosa (inglés, francés, alemán, sueco... todas as grandes Wikipedias) O certo é que se non hai usuarios que traballen frecuentemete a música clásica (por poñer un exemplo), o lóxico é que antes de crear os artigos principais de Bach mellórense artigos como Vivaldi, se fagan artigos importantes como o da música barroca ou a novena de Beethoven, entre outros moitos. Con isto non quero influír no voto de ninguén, só quería aclarar os motivos polos que xa non considero que deba ser un impedimento elixir un artigo de calidade con moitos artigos principais inexistentes, penso que o que precisa agora mesmo a Galipedia é ter moitos máis artigos de calidade (en máis de 10 anos non conseguimos nin 100, un rexistro certamente pobre para unha lingua de 3.000.000 de falantes, aprox) e por iso propoño o artigo, porque malia non contar coa maioría dos AP/VT creados penso o seu contido que cumple de sobra cos criterios de calidade. De todos xeitos tampouco son ninguén para censurar que outro usuario vote en contra alegando as ligazóns vermellas. Un saúdo, --Piquito (conversa) 25 de febreiro de 2016 ás 13:51 (UTC)[responder]
Comentario Non vexo que sexa necesaria a creación dos artigos principais e véxase tamén, para que o artigo poda sair de calidade.--Gobraves (conversa) 2 de marzo de 2016 ás 15:30 (UTC)[responder]