Western Union (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Western Union é unha película estadounidense, do xénero western, producida en 1941 pola 20th Century Fox e dirixida por Fritz Lang, que foi estreada en España co título Espíritu de conquista.

O guión era de Robert Carson, que adaptou unha novela de Zane Grey. O seu reparto integrábano Robert Young, Randolph Scott, Dean Jagger, Virginia Gilmore e John Carradine, entre outros.

Sinopse[editar | editar a fonte]

En 1861, o ladrón Vance Shaw, que está en fuga polo deserto, encontra un home ferido. Axúdao a conseguir asistencia e despois fuxe co cabalo do ferido.

Algún tempo despois Vance, que está tratando de escapar do seu pasado de fóra da lei, busca traballo na compañía de telégrfos Western Union, que se estaba construíndo unha liña para conectar as cidades de Omaha e Salt Lake City. Alí descubre que o home ao que axudara (e ao que lle roubara o cabalo), Edward Creighton, é o responsábel da contratación de empregados. Creighton recoñéceo e resolve darlle unha oportunidade a Vance para que este mostre que está verdadeiramente rexenerado. Máis tarde Vance coñece á irmá de Creighton, Sue, da que se enamora.

Edward planifica o traballo, que consiste en colocar os postes e os fíos polas grandes planicies norteamericana. Nese momento aparece Richard Blake, un mozo fillo dun dos donos da compañía, que tamén se interesa por Sue, provocando a antipatía de Vance. Iniciado o traballo, Edward leva aos seus homes, incluídos Blake e Vance, ao territorio salvaxe, enfrontando a indios e pistoleiros. Estes últimos fan que Edward e Blake desconfien de Vance, que non di que eran da súa antiga cuadrilla

Reparto[editar | editar a fonte]

  • Robert Young.... Richard Blake
  • Randolph Scott.... Vance Shaw
  • Dean Jagger.... Edward Creighton
  • Virginia Gilmore.... Sue Creighton
  • John Carradine.... Doc Murdoch
  • Slim Summerville.... Cookie
  • Chill Wills.... Homer Kettle
  • Barton MacLane.... Jack Slade

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bogdanovich, Peter (1972): Fritz Lang en América. Madrid: Fundamentos. (Reed. 1984), páxs. 40-45. ISBN 84-245-0013-X
  • Casas, Quim (1991): Fritz Lang. Madrid: Cátedra, páxs. 147-150. ISBN 84-376-1024-9

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]