Weneg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Weneg (c. 2742 - 2735 adC) foi o cuarto faraón da segunda dinastía de Exipto (von Beckerath)

Estímase que é Tlas, mencionado por Manetón, segundo Xulio Africano, do que comenta reinou 17 anos. O Canon de Turín asígnalle 70 anos (2.23), aínda que está parcialmente destruído.

Atopamos o seu nome na Lista Real de Abidos e a Lista Real de Saqqara.

Tamén aparece o seu título nalgunhas vasixas achadas nos almacéns subterráneos da Pirámide graduada de Saqqara.

Predecesor:
Ninetjer
Faraón
Segunda dinastía
Sucesor:
Sened