Colexio electoral (local)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo é sobre un espazo físico para a realización de votacións. Sobre o concepto de colexio electoral, consulte o artigo correspondente.
Exterior do colexio electoral de St. Marks Church Hall, en Stirling, durante as eleccións ao Parlamento escocés do 3 de maio de 2007

Un colexio electoral é un edificio, habitualmente de carácter público, onde se realizan as votacións dunhas eleccións. Os colexios electorais poden acoller varias mesas electorais.

A tipoloxía dos colexios electoral é variada: en Galicia son frecuentes as escolas, casas do concello e demais edificios públicos, pero en lugares pequenos onde non existe esta infraestrutura básica, poden usarse propiedades particulares: garaxes, galpóns, etc. No Reino Unido, son frecuentes os colexios electorais localizados en igrexas, porque esas teñen numerosas dependencias anexas destinadas á realización de reunións.

Os colexios electorais acostuman ter: a lista exposta do censo, unha ou varias mesas electorais, cabinas para realizar o voto de forma secreta, e un espazo para recoller as papeletas. Habitualmente os colexios están custodiados por persoal de seguridade, para protexer o dereito do voto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]