Voo 676 de China Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 676 de China Airlines
A300 semellante ao do accidente
Resumo
Data  16 de febreiro de 1998
Causa  mala meteoroloxía e
erro do piloto
Lugar  Taoyuan, Taiwán
Coordenadas  Coordenadas: 25°05′29″N 121°13′50″L / 25.0915, 121.2305
Orixe  aeroporto Ngurah Rai
Destino  aeroporto Chiang Kai-shek
Finados  203
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A300B4-622R
Operador  China Airlines
Rexistro  B-1814
Pasaxeiros  182
Tripulación  14
Superviventes  0

O voo 676 de China Airlines era un servizo regular internacional de pasaxeiros que se esnafrou nunha estrada e nunha zona residencial de Tayuan, preto do aeroporto internacional Chiang Kai-shek (no presente aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan), en Taiwán na noite do luns 16 de febreiro de 1998.

O Airbus A300 que realizaba o voo estaba en ruta dende o aeroporto Ngurah Rai en Balí a Taipei. Cando o avión se aproximaba ao aeroporto Chiang Kai-shek o tempo era malo, con chuvia e néboa, polo que o piloto executou unha aproximación errada. Despois de que o reactor fose autorizado a aterrar na pista 05L, o piloto automático foi desconectado, e os pilotos intentaron entón un go-around manual. O avión decelerou, inclinouse 40º cara a arriba, chegou aos 1 000 pés (300 m), entrou en perda, e esnafrouse contra unha veciñanza residencial, incendiándose ás 4:20 PM hora local. Ás 196 persoas a bordo morreron, entre as que estaban o gobernador do banco central de Taiwán Sheu Yuan-dong, xunto con sete persoas en terra.[1] Hsu Lu, o xerente da emisora de radio Voice of Taipei, dixo que un neno fora sacado con vida do avión e que posteriormente morreu.[1]

É o peor accidente de aviación no terridorio de Taiwán e o quinto dun Airbus A300. China Airlines tiña 12 A300 na súa frota no momento do accidente. Tamén é o segundo accidente de avión con máis vítimas mortais da historia de Taiwán despois do voo 611 de China Airlines, un Boeing 747-209B que se esnafrou no estreito de Taiwán con 225 mortes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gargan, Edward A. (1998-02-17). "Over 200 Die as Taiwan Jet Crashes in Bad Weather". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-20.