Voo 2120 de Nigeria Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 2120 de Nigeria Airways
O DC-8 do accidente.
Resumo
Data  11 de xullo de 1991
Causa  pneumático pouco inflado que
se sobrequentou, incendiándose
pouco despois da engalaxe
Lugar  Aeroporto Rey Abdulaziz
Coordenadas  Coordenadas: 21°38′13″N 39°10′23″L / 21.636888888889, 39.173194444444
Finados  261 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Douglas DC-8
Operador  Nationair, operando
para Nigeria Airways
Rexistro  C-GMXQ
Pasaxeiros  247
Tripulación  14
Superviventes  0

O voo 2120 de Nigeria Airways foi un voo chárter de pasaxeiros dende Jeddah, Arabia Saudita ata Sokoto, Nixeria o día 11 de xullo de 1991 que se estrelou pouco despois de engalar do aeroporto internacional Rei Abdulaziz. Morreron as 247 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do aparello. O avión era un Douglas DC-8 operado por Nationair para Nigeria Airways. O voo 2120 foi o peor accidente dun DC-8[1][2] e é un dos peores dunha aeroliña canadense.[3]

Avión e tripulación[editar | editar a fonte]

O avión involucrado no accidente era un Douglas DC-8-61 fabricado en 1968 con rexistro C-GMXQ. Pertencía á compañía canadense Nolisair e normalmente operaba para Nationair; no momento do accidente estaba sendo alugado a Nigeria Airways, que á súa vez sub-alugouno a outra compañía para transportar peregrunos nixerianos á Meca.[4]

William Allan, o piloto de 47 anos ao mando, era un antigo piloto da Forza Aérea do Canadá e tiña 10 700 horas de voo, das cales 1 000 foran no DC-8. O primeiro oficial Kent Davidge, de 36 anos, teña 8 000 horas de voo, 550 delas no DC-8. O enxeñeiro de voo Victor Fehr, de 46 anos, tiña 7 500 horas, das cales 1 000 foran neste modelo.[5][6] O DC-8 era o principal avión usado pola aeroliña.[6]

Accidente[editar | editar a fonte]

O avión saíu do aeroporto Rei Abdulaziz cara ao aeroporto Sadiq Abubakar III en Sokoto, pero informou de problemas pouco despois da engalaxe.[4][1] A tripulación non sabía que durante a saída o avión se incendiara, e aínda que o propio lume non era obvio os seus efectos si o eran. A presurizarización fallou rapidamente, e a tripulación viuse inundada de avisos sen sentido causado polos fallos de circuítos provocados polo lume. En resposta ao fallo de presurización, Allan decidiu permanecer a 2 000 pés, pero o voo foi autorizado a 3 000 pés como resultado de que o controlador o confundise cun voo de Saudia que tamén estaba informando de problemas de presurización debido a que o capitán identificouse por un erro como "Nationair 2120" en vez de como "Nigerian 2120", unha confusión que durou tres minutos[7] aínda que finalmente non tivo efectos no resultado final.[3] En medio disto, o primeiro oficial Davidge informou que estaba perdendo os sistemas hidráulicos.[3] A tripulación só se decatou do lume cando un asistente de voo apresuroue á cabina de mando informando que había "fume na parte de atrás... realmente malo".[7][3] Pouco despois, Davidge informou de que perdera os aleróns, forzando a Allan a tomar o control; cando Allan o fixo a gravadora de voces de cabina fallou.[7] Nese momento o controlador de tráfico aéreo decatouse que o voo 2120 non era o de Saudia e estaba en problemas, e dirixiunos cara a pista. Posteriormente Allan contactou múltiples veces co control de tráfico aéreo, entre esas comunicacións solicitou vehículos de emerxencia.[7]

Cando o avión estaba a uns 18 quilómetros do aeroporto a unha altura de 671 metros, un punto onde o tren de aterraxe podería ter sido baixado, o avión comezou a experimentar unha ruptura en voo e varios corpos caíron del, indicando que o lume nese momento consumira parcialmente o chan da cabina.[7] A 2 875 metros da pista o avión volveuse incontrolable e esnafrouse[7] matando a todos os seus ocupantes.[4][1][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente". Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  2. Flightglobal (ed.). "Airline safety review – Fatal accidents: Non-scheduled passenger flights". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2017. Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 IMBd (ed.). "Mayday (Season 11 - Episode 9 - Under Pressure". Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Flight International (ed.). "Confusion over Saudi DC-8 crash". Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  5. Flight Safety Foundation (ed.). "Tire Failure on Takeoff Sets Stage for Fatal Inflight Fire and Crash" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de setembro de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 IMDb (ed.). "Mayday (Under Pressure)". Consultado o 30 de xaneiro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Tire Failure on Takeoff Sets Stage for Fatal Inflight Fire and Crash" (PDF). Flight Safety Foundation. Archived from the original on 28 de marzo de 2019. Consultado o 2018-1-4. 
  8. "Catastrophe aérienne de Djeddah : 261 morts.". Le Monde. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2011. Consultado o 2019-1-4.