Voo 1308 de Inex-Adria Aviopromet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 1308 de Inex-Adria Aviopromet
O avión accidentado
Resumo
Data  1 de decembro de 1981
Causa  erro do piloto e do ATC
Lugar  monte San-Pietro, preto
do aeroporto de Ajaccio
Coordenadas  Coordenadas: 41°45′15″N 8°58′40″L / 41.75416667, 8.97777778
Finados  180
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas MD-81
Operador  Inex-Adria Aviopromet
Rexistro  YU-ANA
Pasaxeiros  173
Tripulación  7
Superviventes  0

O voo 1308 de Inex-Adria Aviopromet era un McDonnell Douglas MD-81 que operaba un voo chárter á illa francesa de Córsega. O día 1 de decembro de 1981 o avión esnafrouse no monte San-Pietro matando ás 180 persoas a bordo. Foi o primeiro accidente fatal dun MD-80 e o peor sinistro dun avión deste tipo.[1]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O 22 de outubro de 1981 enviou unha solicitude para autorizar o voo chárter, que recibiu o número JP-1308, dende Liubliana a Ajaccio e de regreso, o 1 de decembro dese ano. O voo foi fletado pola axencia de viaxes eslovena Kompas, baseada en Liubliana. Os termos da solicitude dicían que o voo 1308 usaría un avión McDonnell Douglas DC-9 cunha capacidade de pasaxe de 115 a 135. O permiso foi publicado o 16 de novembro. Porén, a aeroliña decidiu nun usar o DC-9 e no seu lugar usou un McDonnell Douglas MD-81 que era un aparello máis novo e grande. A solicitude indicaba orixinalmente que o voo levaría 130 pasaxeiros, pero finalmente houbo 43 persoas máis a bordo entre empregados de Inex-Adria employees, turistas de Kompas, e familiares, totalizando 173 pasaxeiros. Sumando os 7 tripulantes, o total de persoas a bordo era de 180.[2]

Avión e tripulación[editar | editar a fonte]

O avión era un McDonnell Douglas MD-81 rexistrado en Iugoslavia como YU-ANA e o número de serie do fabricate era o 48047. O seu primeiro voo fora o 15 de maio de 1981 e entregárase a Inex-Adria o 11 de agosto. O aparello tiña tan só 683 horas de voo no momento do accidente. A última revisión A do avión realizárase o 7 de novembro e a última proba de mantemento fora catro días antes do sinistro, o día 27 de novembro. O MD-81 estama impulsado por dous turboventiladores Pratt & Whitney JT8D-217 (números P708403D e P708404D), e operaran 683 horas, as mesmas que o avión.[2]

O capitán era Ivan Kunovic, de 55 anos. Obtivo a súa licenza de piloto de reactores o 16 de abril de 1968 na Academia da Forza Aérea de Iugoslavia en Zadar e estaba cualificado para voar F-84, T-33 e F-86. Kunovic tiña o rango de capitán na Forza Aérea e pouco despois, en 1970, foi contratado por Inex-Adria, converténdose en primeiro oficial do DC-9 ese mesmo ano. Despois converteuse en capitán do DC-9 (das series 32 e 50) o 4 de abril de 1972, e en capitán do MD-80 o 13 de agosto de 1981, tras tres meses de adestramento nos Estados Unidos. No momento do accidente Kunovic tiña un total de 12 123 horas de voo, incluídas 5 675 horas no DC-9 e 188 no MD-81.[2]

O copiloto era M. Franc Terglav de 40 anos. Cualificouse inicialmente na Forza Aérea de Iugoslavia como piloto de reserva. Voou nos Aero 3 e Soko 522 e despois nos aparellos civís Piper PA-31, PA-34 e Cessna Citation. Foi piloto da compañía eslovena Gorenje e pouco despois foi contratado por Inex-Adria, onde comezou a voar o DC-9 (das series 32 e 50). O 21 de xuño de 1981 graduouse como primeiro oficial do MD-81 e recibiu a súa licenza de piloto comercial o 11 de novembro. Terglav tiña un total de 4 213 horas de voo, incluídas 746 no DC-9 (acumuladas durante 529 voos) e 288 no MD-81.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident McDonnell Douglas DC-9-81 (MD-81) YU-ANA Ajaccio-Campo dell'Oro Airport (AJA)". www.aviation-safety.net. Consultado o 2020-12-25. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Rapport final relatif à l'accident survenu le 1er décembre 1981 près l'aérodrome d'Ajaccio au DC-9 YU-ANA d´Inex Adria Aviopromet" (PDF). Secrétariat d'État aux Transports. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de decembro de 2013. Consultado o 25 de decembro de 2020.