Voo 114 de Thai Airways International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 114 de Thai Airways International
Boeing 737-400 semellante ao do accidente
Resumo
Data  3 de marzo de 2001
Causa  estoupido dun tanque de
combustible, intento de
asasinato
Lugar  aeroporto Don Mueang
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Don Mueang
Destino  aeroporto de Chiang Mai
Finados  1
Feridos  6
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-400
Operador  Thai Airways International
Rexistro  HS-TDC
Tripulación  8
Superviventes  7

O voo 114 de Thai Airways International foi un accidente de aviación ocorrido o 3 de marzo de 2001 cando un Boeing 737-400, con destino ao aeroporto internacional Don Mueang en Bangkok, quedou esnaquizado por un estoupido no tanque de combustible central dunha á debido á ignición da mestura inflamable de combustible e aire mentres o aparello estaba estacionado antes do embarque.

Oficialmente a fonte da enerxía de ignición para o estoupido non puido ser determinada con certeza, pero a causa máis probable puido ser un estoupido orixinado na bomba do tanque de combustible como resultado da utilización da bomba en presenza de lascas metálicas e unha mestura de combustible e aire. Un membro da tripulación de cabina morreu no accidente.[1]

Entre os pasaxeiros que deberían embarcar no avión atopábanse varios membros dos goberno do país, entre eles o primeiro ministro Thaksin Shinawatra e o seu fillo Panthongtae.

Teoría do asasinato[editar | editar a fonte]

Unha teoría é que o accidente tratouse dun intento de asasinato frustrado, xa que o estoupido ocorreu antes de que se acendesen os motores, e orixinouse baixo os asentos que tiñan que ser ocupados polo primeiro ministro. Entre os restos do aparello atopáronse restos de Semtex, TNT, fósforo branco, PETN e RDX.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aviation Safety Network (ed.). "Accident description". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2011. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  2. The Wall Street Journal (ed.). "Plastic Explosive Destroyed the Plane That Premier Thaksin Was to Board". Consultado o 28 de maio de 2018.