Vladimir Komarov
Vladimir Mikhailovich Komarov, nado en Moscova o 16 de marzo de 1927 e finado o 24 de abril de 1967, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Voskhod 1 e Soiuz 1.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Komarov adestrouse como cosmonauta entre marzo de 1960 e abril de 1961, participando nas misións Voskhod 1 e Soiuz 1, falecendo nesta última debido a que o paracaídas da cápsula de retorno se enredou, resultando nun impacto a alta velocidade contra o solo.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Komarov, Vladimir Mikhailovich" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vladimir Komarov |