Vitória da Conquista
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
|||
| Estado | Bahia | ||
| Superficie | 3 204,6 km² | ||
| Poboación | 294 203 (2006) | ||
| Densidade | 90,4/km² | ||
| Latitude | 14º 52' S | ||
| Lonxitude | 40º50'22" O | ||
| Altitude | 923 m sobre o nivel do mar | ||
| Distancia de Salvador | 509 Km | ||
| Código postal (CEP) | 45000-000 | ||
| Internet: | http://www.pmvc.ba.gov.br | ||
| Alcalde (Prefeito) | José Raimundo Fontes | ||
| Mapa de localización | |||
|---|---|---|---|
Vitória da Conquista é un municipio brasileiro do estado de Bahia, sendo o terceiro do estado en poboación total. Localízase á latitude 14º51'58" S e á lonxitude 40º50'22" O, a unha altitude de 923 msnm. O seu clima é semiárido, e existen problemas de fornezo de auga nalgunhas zonas.
Economía [editar]
Ata a década de 1940, a base económica do municipio fundábase na gandería extensiva. A partir de aí, a estrutura económica e social entraría nunha nova etapa, co comercio ocupando un lugar destacado na economía local.
En función da súa privilexiada localización xeográfica, coa apertura da estrada Rio-Bahia (actual BR 116) e da estrada Ilhéus-Lapa, o municipio púidose integrar ás outras rexións do Estado e ao resto do País.