Violent Femmes (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Violent Femmes
Álbum de Violent Femmes
Publicado13 de abril de 1983
Gravaciónxullo de 1982
Estudio(s)Castle Studios en Lake Geneva, Wisconsin
Duración36:15
Xénero(s)folk punk, post-punk
Selo(s)Slash Records
Producido porMark Van Hecke
Cronoloxía
- Violent Femmes Hallowed Ground

Violent Femmes é o álbum de estrea da banda estadounidense de folk punk Violent Femmes, publicado en vinilo e casete o 13 de abril de 1983 a través do selo Slash Records.[1] No ano 1987 editouse en CD con dous cancións extra, "Ugly" e "Gimme the Car".[2]

No ano 2002 Rhino Records remasterizou o álbum, enchendo o disco con demos e engadindo outro extra con temas ao vivo e unha entrevista de radio para unha edición especial polo seu 20 aniversario, con textos no libreto escritos por Michael Azerrad.

Trátase do traballo máis exitoso de Violent Femmes ata a data, chegando a ser disco de ouro catro anos despois de seu lanzamento, e platino catro anos despois, sen que entrase na lista Billboard 200. Despois de recibir a certificación de platino o 1 de febreiro de 1991, o álbum entrou por vez primeira na lista da Billboard o 3 de agosto dese ano.[3] Dende que Nielsen Music comezou a rastrear electronicamente as vendas en 1991 o álbum vendeu 1,8 millóns de copias.

Slant Magazine listouno no número 21 da súa lista dos 100 mellores álbums dos 80.[4] En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 7 da súa lista dos 50 mellores álbums de post-punk.[5]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Gordon Gano, agás onde se indique. 

Cara 1
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Blister in the Sun"    2:25
2. "Kiss Off"    2:56
3. "Please Do Not Go"    4:15
4. "Add It Up"    4:44
5. "Confessions"    5:32
Cara 2
N.º TítuloEscritor(es) Duración
6. "Prove My Love"    2:39
7. "Promise"    2:49
8. "To the Kill"    4:01
9. "Gone Daddy Gone"  Gano, Willie Dixon 3:06
10. "Good Feeling"    3:52
Cancións extra do CD estadounidense
N.º Título Duración
11. "Ugly"   2:21
12. "Gimme the Car"   5:04
Cancións extra da edición do 20 aniversario
N.º TítuloEscritor(es) Duración
11. "Girl Trouble" (demo)  3:07
12. "Breakin' Up" (demo)  5:17
13. "Waiting for the Bus" (demo)  2:08
14. "Blister in the Sun" (demo)  2:35
15. "Kiss Off" (demo)  2:49
16. "Please Do Not Go" (demo)  4:18
17. "Add It Up" (demo)  4:35
18. "Confessions" (demo)  5:20
19. "Prove My Love" (demo)  2:50
20. "Ugly" (sinxelo británico)  2:22
21. "Gimme the Car" (sinxelo británico)  5:07
Disco extra ao vivo da edición do 20 aniversario
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Special" (ao vivo)  4:27
2. "Country Death Song" (ao vivo)  5:25
3. "To the Kill" (ao vivo)  4:19
4. "Never Tell" (ao vivo)  7:17
5. "Break Song" (ao vivo)  0:41
6. "Her Television" (ao vivo)  2:28
7. "How Do You Say Goodbye" (ao vivo)  2:43
8. "Theme and Variations" (ao vivo)  0:54
9. "Prove My Love" (ao vivo)  3:19
10. "Gone Daddy Gone" (ao vivo) (Gano, Willie Dixon)  3:32
11. "Promise" (ao vivo)  3:09
12. "In Style" (ao vivo)  3:43
13. "Add It Up" (ao vivo)  6:15
14. "entrevista de Michael Feldman para WHA-FM"    4:09
15. "Kiss Off" (ao vivo en WHA-FM)  3:31

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Violent Femmes ‎- Violent Femmes". Discogs. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  2. "The Compact Disc Connection Database". Textfiles. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  3. Caulfield, Keith (18 de marzo de 2016). "Billboard 200 Chart Moves: Loretta Lynn Earns Her Highest Charting Album Ever With 'Full Circle'" (en inglés). Billboard. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  4. "The 100 Best Albums of the 1980s" (en inglés). Slant. 5 de marzo de 2012. Consultado o 26 de setembro de 2018. 
  5. Jackson, Josh (13 de xullo de 2016). "The 50 Best Post-Punk Albums" (en inglés). Paste. Consultado o 26 de setembro de 2018.