Villard de Honnecourt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Villard de Honnecourt foi un mestre de obras do século XIII, célebre polo seu Carné, que contén numerosos bosquexos de arquitectura, o cal actualmente se conserva na Bibliothèque nationale de France.

A vida do pedreiro[editar | editar a fonte]

Villard era orixinario da aldea de Honnecourt-sur-Escaut, situada preto de Cambrai, Francia. Como outros canteiros do seu tempo aprendeu o oficio indo de vila en vila, e dunha obra para outra. Co tempo chegaría a ser "magister latomus", é dicir, mestre de obras, profesión que incluía o oficio de arquitecto. Os artesáns da época viaxaban dabondo, e mercé ao seu Carné, coñecemos algunhas das etapas do seu periplo: Laon, Chartres, Lausana e incluso Hungría.

O Carnet[editar | editar a fonte]

Cunhas dimensións de 14x22 centímetros, o Carné de Villard de Honnecourt compuñase en principio dun centenar de páxinas, das que subsisten algo máis de sesenta. Contén numerosos croquis, de gran precisión, acompañados de anotacións.

Áchanse:

  • Debuxos naturalistas.
  • Representacións de personaxes: alegorías, escenas relixiosas e civís.
  • Croquis de arquitectura e estudios xeométricos.
  • Máquinas: máquinas bélicas ou de construción, e esbozos de máquinas de movemento perpetuo.