Vichocuntín, Pedre, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vichocuntín

Sinais no tramo abandonado da estrada N-541.
ParroquiaPedre
ConcelloCerdedo-Cotobade
Coordenadas42°31′59″N 8°25′11″O / 42.533055555556, -8.4197222222222Coordenadas: 42°31′59″N 8°25′11″O / 42.533055555556, -8.4197222222222
Poboación5 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

Vichocuntín é un lugar da parroquia de Pedre no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña cinco habitantes (dous homes e tres mulleres), seis menos ca en 2012.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Vichocuntín é un antropotopónimo, derivado do nome do seu posesor medieval: (vila) Visclacuntini, "o eido de Visclacuntino", de etimoloxía xermánica [2].

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

O trazado da estada entre Ourense e Pontevedra propiciou a construción dunha ponte sobre o río Lérez en 1852. A ponte está composta por un arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, obra dos canteiros da terra. Na segunda metade do século XX modificouse o trazado da estrada N-541, polo que a aldea vella foi abandonada de forma paulatina, e os seus moradores reinstaláronse ao pé da nova estrada[3].

Hai un peto de ánimas cun cruceiro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Pedre[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Pedre no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Pedre | Serrapio | Vichocuntín

Parroquias de Cerdedo-Cotobade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 28 de abril de 2021. 
  2. Solla Varela, C. (3 de agosto de 2013). "Vichocuntín, un novo reclamo en Cerdedo". Faro de Vigo. 
  3. "Aldea vella de Vichocuntín". Galicia Máxica.