Usuario:Elisardojm/Encontros para a normalización lingüística 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

XXI Encontro para a normalización lingüística-2019[editar | editar a fonte]

Estas son as notas para a participación na mesa de experiencias "@s de letras tamén divulgan" do XXI Encontros para a normalización lingüística de 2019.

Características da mesa[editar | editar a fonte]

Tempo dispoñible: 15 minutos
Público: xente con formación maioritariamente lingüística
Obxectivo: presentar experiencias para que poidan contribuír

Posibles puntos a tratar[editar | editar a fonte]

  • Introdución básica da Galipedia:
    • é unha enciclopedia na que todo o mundo pode editar
    • ten unha licenza libre que permite reutilizar os contidos mantendo a licenza e indicando a autoría. Os contidos achegados non poden ter dereitos de autor. CC-BY-SA.
    • Os contidos teñen que seguir as Normas Ortográficas do Galego da RAG. Isto implica un gran esforzo de revisión porque o número de artigos aumenta día a día e cada colaborador ten un nivel diferente de coñecementos do galego.
    • A maiores hai que ter en conta que o proxecto xa se está a converter nunha obra de consulta habitual (actualmente ten máis de 2 millóns de visitas mensuais e é unha das primeiras páxinas que aparecen ó facer procuras en Google), ligada como recurso en liña na contorna de aprendizaxe E-dixgal da Xunta de Galicia, e tamén dende diferentes libros de texto. Deste xeito a Galipedia está a converterse nun elemento normalizador do galego.
  • Que posibilidades de colaboración teñen "os de letras"?
    • Como principio teñen "todo o campo do mundo", cada un achega contido das súas áreas de coñecemento ou das súas áreas de interese, e aquí toda a achega é benvida. Na Wikipedia en inglés hai actualmente máis de cinco millóns de artigos e na Wikipedia en castelán máis dun millón e medio. Na Galipedia temos pouco máis de 155.000...
    • Todas as edicións diarias son revisadas por varios usuarios e cando atopan algún artigo con moitos erros ortográficos póñenlle unha marca de que precisan revisión ortográfica para que despois outros usuarios poidan traballar neles. Estes artigos engádense automaticamente no que se chama "categoría", que é como unha carpeta onde se agrupan artigos relacionados para que estean ordenados. Os artigos con problemas ortográficos están na categoría:Wikipedia:Artigos que precisan de revisión ortográfica.
    • Tamén poden facerse traducións de artigos doutras Wikipedias, castelán, inglés, francés, catalán, etc. Por que facer traducións? Porque como son contidos que xa están noutras Wikipedias, a súa licenza é igual que a da Galipedia, co cal evitamos ese problema. O máis recomendable é traducir Wikipedia:Artigos bos e Wikipedia:Artigos de calidade, así asegurámonos de achegar contidos de calidade e ben revisados.
    • Outro lugar onde se precisa axuda nas traducións é en Translatewiki. Este proxecto é onde se crean as traducións das mensaxes do software mediawiki e das aplicacións de Wikimedia.
    • Para as persoas que estean no mundo da ensinanza tamén pode ser de interese o Wikipedia:Wikiproxecto_1000_artigos_de_calidade_para_alumnado_de_12_a_16_anos
  • Proceso de tradución dun artigo
    • Explicar un pouco como foi o proceso de tradución do artigo Carl Sagan

CRÉDITOS: Achegaron contidos e propostas os usuarios Agremon ...

Comentarios[editar | editar a fonte]

"é unha das primeiras páxinas que aparecen ó facer procuras en Google". Estaría ben ter unha referencia para esta afirmación na manga por se acaso. Esta frase abre a porta a preguntas sobre o peso do castelán nas buscas Google e o tema das configuracións de busca, etc. (Ter algo preparado chegado o caso). Vamos, que non sempre o primeiro resultado é en galego, moitas veces é a entrada es.wiki correspondente. .--Usuaria:Maria zaos

Grazas Usuaria:Maria zaos, non digo que sexa a primeira páxina que aparece, digo que é unha das primeiras, pero tamén teño en conta o que dis da configuración de procuras. Si estaría ben ter unha referencia disto pero non sei de onde sacala, eu comento isto porque é o que vexo tódolos días. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2019 ás 07:40 (UTC)
Nada que ver, pero igual podeslle sacar partido neste contexto [1] [2][3] etc. .--Usuaria:Maria zaos (conversa)
Vale, tomo nota por se preciso usalas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2019 ás 11:22 (UTC)
Agradécese o detalle, pero por favor, prefiro que non me inclúas nos créditos. Achegar non acheguei gran cousa, como se pode comprobar. Saúdos. .--Usuaria:Maria zaos (conversa)3 de abril de 2019 ás 14:34
Como vexas, pero non só importa a cantidade, tamén son achegas importantes os comentarios e a revisión do contido... Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2019 ás 12:51 (UTC)