Usuario:Cachaldora/Taller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Hypostomus plecostomus é un coñecido peixe de acuario da orde Siluriformes orixinario de Sudamérica: pode atoparse dende Costa Rica até Uruguai, especialmente en Panamá, Colombia, Venezuela, Ecuador, e Güiana. Coloquialmente, é coñecido como comealgas, peixe limpacristais, peixe diaño, peixe gato, chupacristais, chupavidros, limpa vidros, chupapedras, plecos, vella da auga, etc. É un peixe que nada en ríos e regatos.

Características[editar | editar a fonte]

Pode acadar os 40 cm en liberdade, pero nos acuarios non adoita pasar dos 30 cm; e chega a vivir 15 anos. É omnívoro e nocturno, permanece quedo ou oculto durante o día. Relativamente tranquilo (aínda que territorial con outros peixes de fondo), sae pola noite do seu agocho para comer.

Peixe de acuario[editar | editar a fonte]

A meirande parte dos afeccionados aos acuarios úsano para manter o acuario limpo de algas, pois estes peixes aliméntanse delas e mais dos restos de comida. É axeitado para un acuario comunitario pois non acostuma amolar aos outros peixes, se ben, precisa dun espazo amplo para nadar. Acotío acostuman ser moi territoriais con outros exemplares da súa mesma especie.

Por ser un peixe gato non ten escamas, pero está protexido con espiños por todo o corpo (non convén tocalo coas mans), que adoitan utilizar para protexerse de ataques doutros peixes ou en disputas cos da súa mesma especie. Adoitan bater cos espiños do costado.

Especie invasora[editar | editar a fonte]

Esta especie estableceuse en ríos e lagoas de México; debido a algúns especímenes, foron introducidos aos acuarios por afeccionados. Como aconteceu con outras especies invasoras, como a ra touro ou a perca do Nilo, ao non atopar un predador natural, a especie converteuse nunha praga, incrementando o seu número e dezmando severamente á poboación d'especies endémicas. De feito, nome de "peixe diaño" foille dado polos habitantes da Presa Infiernillo (onde tivo lugar a maior praga invasora deste peixe), debido á forte tendencia a se alimentar dos ovos e crías doutros peixes como a tilapia e mailo peixe prateado. Esta situación creou unha situación crítica para os pescadores da rexión. Segundo a Milenio.com, até o 70% das capturas son peixes diaño.[1]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Sitio Web del Diario Milenio, "Pez diablo, plaga en escala crítica", http://www.milenio.com/cdb/doc/noticias2011/9b8a0b2c9f384793e2c3ed810fcff38d , consultado el 14/04/2013

Enlaces externos[editar | editar a fonte]

[[Categoría:Animais descritos en 1758]]