Universidade de Mondragón
| Mondragon Unibertsitatea | |
|---|---|
| Localización: | |
| Reitor: | Iosu Zabala |
| Estudantes: | |
| Enderezo: | |
| Páxina web: | http://www.mondragon.edu/es/ |
A Universidade de Mondragón (en éuscaro e oficialmente Mondragon Unibertsitatea) é unha universidade privada de iniciativa social sen ánimo de lucro, pertencente á corporación Mondragón, que foi declarada de utilidade pública. A súa sede principal está en Arrasate/Mondragón (Guipúscoa).
Caracterízase por pretender un ensino de calidade e de orientación práctica dos estudos sobre todo en canto ao mercado laboral, dando especial importancia á formación profesional dos estudantes. Así pois a súa pertenza á corporación Mondragón permítelle manterse próxima ao mundo da empresa facilitando aos seus alumnos o contacto co mercado laboral. Actualmente ten ao redor de 4.000 alumnos cursando 22 titulacións de grao, 15 masters e 8 cursos de experto universitario.
Centros docentes [editar]
Na actualidade conta con catro facultades e escolas:
- Escola Politécnica Superior, en Mondragón e Ordizia.
- Facultade de Empresariais, en Oñati e Irún.
- Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación, en Eskoriatza.
- Facultade de Ciencias Gastronómicas, en Donostia-San Sebastián.