Universalglot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universalglot
Creado por: Jean Pirro1868
Emprego e uso: Lingua auxiliar internacional
Total de falantes: sen datos
Posición: Non se atopa entre os 100 primeiros.
Categoria (propósito): Lingua auxiliar
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2:
Mapa
Status

O universalglot é unha lingua auxiliar internacional a posteriori publicada polo lingüista francés Jean Pirro en 1868 en Tentative d'une langue universelle, Enseignement, grammaire, vocabulaire. Precedendo ao volapük unha década e ao esperanto case 20 anos, o universalglot foi chamado o primeiro "sistema completo de linguas auxiliares baseado nos elementos comúns das linguas nacionais".[1] Pirro deulle máis de 7.000 palabras básicas e numerosos prefixos, posibilitando o desenvolvemento dun vocabulario moi extensible.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bray, Mary Connell. "Introduction" in Alexander Gode et al. Interlingua-English: a dictionary of the international language. Storm Publishers, New York, 1951. (read online)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]