Unitat Catalana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unitat Catalana é un movemento político catalán de dereita que ten como obxectivo o recoñecemento e o respecto da nación e cultura catalás no seu territorio catalán, Cataluña Norte, chamándoo o País catalán francés, correspondente, practicamente, ó departamento dos Pirineos Orientais.

Índice

Caracaterísticas [editar]

Conta con bastantes concelleiros[Cómpre referencia], particularmente en Perpiñán, onde é un dos compoñentes da maioría municipal onde o alcalde é Jean-Paul Alduy, membro da UMP e do Partido Radical.

Reivindica a pertenza de Cataluña Norte a unha comunidade máis grande: a nación catalá, constituída polos Países Cataláns. Ten boas relacións co primeiro partido da Cataluña do estado español Convergencia i Unió dirixido por Artur Mas i Gavaró. O presidente de Unitat Catalana é Jaume Roure, alcalde-adxunto delegado ós asuntos cataláns da cidade de Perpiñán.

O partido é membro de Alianza Libre Europea.

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • «Què és Unitat Catalana?», Cercle Alfons Mias, Sant Genis de Fontanes, 2002.

Ligazóns externas [editar]