Two pence blue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Two pence blue, Reino Unido, 1841.

Two pence blue (dous peniques azul) é o nome polo que se coñece ó segundo selo postal británico. Do mesmo formato e deseño que o Penny Black, ó igual que este tiña que ter validez postal desde o 6 de maio de 1840 pero o certo é que o primeiro mataselos coñecido data do 8 de maio.

En 1841 modificouselle a cor azul do selo e o deseño para incluír liñas brancas arriba e abaixo do retrato da raíña Vitoria para facer que os traballadores de correos que traballaban con pouca luz o puidesen distinguir máis doadamente do Penny Black.

En 1858 emitiuse un selo similar con letras nos catro recantos no canto dos dous recantos de abaixo da versión orixinal.

O papel dos selos levou diferentes filigranas, a primeira emisión levaba unha coroa máis tarde tamén se usaron rosas, áncoras ou estrelas.