Tupolev Tu-204
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Tupolev Tu-204 | |
|---|---|
| Tu-204-100 de Kavminvodyavia | |
| Tipo | pasaxeiros |
| Fabricante | Tupolev |
| Primeiro voo | 2 de xaneiro de 1989 |
| Introducido | decembro de 1994 |
| Estado | en produción |
| Construídos | 69 (decembro do 2010) |
O Tupolev Tu-204 é un avión de pasaxeiros bimotor de medio alcance con capacidade para 210 pasaxeiros. Foi deseñado por Tupolev e producido por Aviastar SP e Kazan Aircraft Production Association. Introducido no ano 1989, considérase o equivalente ruso do Boeing 757 estadounidense. Desenvolveuse para Aeroflot como un substituto do trimotor de alcance medio Tupolev Tu-154. A súa última versión, con significativas actualizacións e melloras, é o Tu-204SM, que realizou o seu primeiro voo o 29 de decembro de 2010.