Truevision TGA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Truevision TGA é un formato de ficheiro dixital para imaxes rasterizadas ou de mapas de bits. Foi o formato nativo para as tarxetas TARGA de Truevision Inc., que foron unhas das primeiras tarxetas gráficas para ordenadores personais en soportar imaxes truecolor ou en millóns de cores.

Oos ficheiros TGA teñen a extensión ".tga" nos sistemas DOS e Windows de PC, e ".tpic" nos sistemas Macintosh. O formato pode almacenar datos de imaxes de 1 a 32 bits de profundidade de cor. Opcionalmente pódese empregar a compresión sen pérdas RLE.

O formato TGA foi definido orixinalmente por Truevision Inc. no ano 1984. Algunhas melloras coma a incorporación de miniaturas (tamén chamadas thumbnails), no canle alfa, os valores de gamma e os metadatos en forma de texto foron engadidos no ano 1989.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]