Trond Sollied

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trond Sollied
Información persoal
Nome Trond Johan Sollied
Nacemento 29 de abril de 1959
Lugar de nacemento Mo i Rana
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1976–1981 Mo ? (?)
1982–1984 Vålerenga 63 (9)
1985–1991 Rosenborg 133 (12)
1992–1993 Bodø/Glimt 66 (1)
Total 262 (22)
Selección nacional
1985–1987 Noruega 15 (1)
Adestrador
1992–1996 Bodø/Glimt
1998 Rosenborg
1999–2000 K.A.A. Gent
2000–2005 Club Brugge
2005–2006 Olympiacos
2007–2008 Gent
2008–2009 Heerenveen
2010 Al-Ahli
2011 Lierse
2011–2012 K.A.A. Gent
2013 Elazığspor
2018–2019 Sporting Lokeren
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Trond Sollied, nado o 29 de abril de 1959 en Mo i Rana, é un ex-futbolista e adestrador noruegués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Principiou a súa carreira no Mo IL, pasando logo ao Vålerenga. A continuación xogou 6 tempadas no Rosenborg BK, o principal club noruegués, e foi 15 veces internacional coa selección norueguesa, anotando un gol. Formouse como adestrador na Escola de Ciencias Deportivas de Noruega[1] e en 1993 puxo fin á súa carreira como xogador despois dun ano como xogador-adestrador do FK Bodø/Glimt, tempada na que o club subiu á máxima categoría. En 1997 exerceu como axudante do adestrador do Rosenborg Nils Arne Eggen, e o equipo gañou a liga. Na tempada seguinte Sollied ocupou o posto de Eggen e o equipo gañou outra volta a liga,

En 1999 estableceuse en Bélxica e gañou varios títulos co FC Brugge que adestrou durante 5 tempadas. Logo adestrou ao Olympiacos F.C.. Tras a súa chegada gañou o título e a copa, pero na tempada seguinte o equipo quedou eliminado ao inicio da clasificación da Copa de Europa o que lle custou o seu posto, malia un bo comezo na liga, e cesou o 28 de decembro de 2006.

En xuño de 2007 volveu co K.A.A. Gent, que xa adestrara en 1999, e logrou que o club chegase á final da Copa de Bélxica. En marzo de 2008 firmou co club neerlandés SC Heerenveen.[2] no que permaneceu ata agosto de 2009.[3]

En 2010 adestrou brevemente ao Al-Ahli, mais despedírono despois de só tres partidos.[4] O 3 de xaneiro de 2011 firmou co equipo belga Lierse para salvalo do descenso,[5] lográndoo.[6] En 2011 volveu por terceira volta ao Gent,[7] pero cesou o 23 de outubro de 2012 co equipo no sétimo lugar da liga.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "40 år og fortsatt full fart". Aftenposten. 5 de setembro de 2008. 
  2. Kommer ikke for å bli nummer fire, VG, 25 de marzo de 2008
  3. sc Heerenveen en Trond Sollied uit elkaar Arquivado 03 de setembro de 2009 en Wayback Machine., Heerenvenn
  4. "Trond Sollied sparket etter tre kamper". vg.no (en Norwegian). Verdens Gang. 30 de agosto de 2010. 
  5. tv2.no, ed. (3 January 2011). "Sollied klar for Lierse". TV 2. Consultado o 10 February 2012. 
  6. tv2.no, ed. (3 de xaneiro de 2011). "Sollied klar for Lierse". 
  7. "Sollied til Gent". Verdens Gang. 6 de xuño de 2011. 
  8. "Trond Sollied ferdig i Gent". Verdens Gang. 23 de outubro de 2012.