Transportes Almacenes Transitarios SA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°32′01″N 8°11′47″O / 43.53352, -8.19625

Transportes Almacenes Transitarios SA

Sede de TT en Narón.
TipoSociedade Anónima
Fundación1990
MatrizGrupo TT
LocalizaciónPolígono industrial Río do Pozo, Rúa dos Ferreiros 1-3, 15573 Narón A Coruña Galicia Galiza
FundadorPérez Torres Marítima e Megasa
Persoas claveFernando José Freire Vázquez (Presidente)
IndustriaTransporte
Beneficio64,3 millóns de euros (2007)[1]
Número de empregados200
editar datos en Wikidata ]

Transportes Almacenes Transitarios SA é unha empresa galega de transporte por estrada con sede en Narón, A Coruña. As orixes da empresa están nos anos 1990, no transporte de aceiro e chatarra para Megasa no porto de Ferrol. Nos inicios este transporte de mercadorías o facían camioneiros autónomos ou pequenas empresas. O volume de negocio, a necesidade de máis camións para facer o transporte de carbón cara ás Pontes e diversas folgas fixeron que Megasa e Pérez Torres (empresa de estiba do porto de Ferrol) fundasen TT como empresa de transporte. A empresa diversificou o negocio transportando cargas a outros puntos de España e traballando para outros operadores loxísticos. A empresa ten máis de 250 tráileres.

Notas[editar | editar a fonte]