Transcobalamina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Transcobalamina I (proteína que se une á vitamina B12, familia de ligadores R)
Identificadores
Símbolo TCN1
Entrez 6947
HUGO 11652
OMIM

189905

RefSeq NM_001062
UniProt P20061
Outros datos
Locus Cr. 11 q11-q12
transcobalamina II; anemia macrocítica
Identificadores
Símbolo TCN2
Entrez 6948
HUGO 11653
OMIM

275350

PDB 2BB5
RefSeq NM_000355
UniProt P20062
Outros datos
Locus Cr. 22 q11.2-qter

As transcobalaminas son proteínas de transporte que se une á cobalamina (vitamina B12).

Tipos[editar | editar a fonte]

  • Transcobalamina I (TCN1), tamén chamada haptocorrina, factor R e proteína R é unha glicoproteína producida polas glándulas salivares da boca. Serve esencialmente para protexer a cobalamina (vitamina B12) da degradación ácida no estómago orixinando o complexo haptocorrina-vitamina B12. Unha vez que o complexo viaxou ao ambiente máis neutro do duodeno, as proteases pancreáticas degradan a haptocorrina, deixando libre a cobalamina, que seguidamente se unirá ao factor intrínseco para ser absorbida nos enterocitos do íleo.
  • Transcobalamina II (TCN2), proteína que se une á cobalamina unha vez que foi absorbida polos enterocitos do ileo e se degradou o complexo "factor intrínseco-vitamina B12", quedando a vitamina libre na célula. A transcobalamina II realiza o transporte da vitamina B12 aos tecidos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rachmilewitz B, Rachmilewitz M, Chaouat M, Schlesinger M (xullo de 1977). "The synthesis of transcobalamin II, a vitamin B12 transport protein, by stimulated mouse peritoneal macrophages". Biomédicine 27 (6): 213–4. PMID 907799. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]