Trade-off

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O trade-off (ou tradeoff) é un concepto económico que se refire aos dilemas existentes á hora de elixir entre situacións aparentemente antagonistas. Utilízase para ilustrar cómo a solución para un problema concreto adoita acarrexar, inevitabelmente, un empeoramento de outro. Tamén se refire, en xeral, á idea de que a consecución dun obxectivo implica a renuncia de outro.

Concepto[editar | editar a fonte]

Cando nos topamos ante un problema, é habitual que as posíbeis solucións non sexan completamente satisfactorias. Rara é a vez que a solución elexida non acarrexa consecuencias non desexadas, aínda que non por iso imprevistas. En moitas ocasións, pola contra a mellora do aspecto analisado implica unha afección no sentido inverso en outros.

Diferénciase lixeiramente outra acepción, a de que unha elección conleva, necesariamente, a renuncia a outras cousas. Este concepto de trade-off deriva, principalmente, da escaseza: nun mundo finito, con recursos e capacidades finitas, obtelo todo é imposíbel.

Non ten porqué ser, con todo, un problema definitivo ou irresoluble. En ocasións as renuncias poden ser temporais e ser solventadas no futuro ou, en casos, a renuncia nun momento pode provocar un beneficio no futuro no mesmo aspecto.

Exemplo[editar | editar a fonte]

Un exemplo habitual de trade-off dáse ao falares do binomio inflación/desemprego. Cando as políticas económicas públicas se dirixen principalemnte á consecución de maiores níveis de emprego asúmese que, ao medio prazo, provocará un certo requentamento da economía e un maior grado de inflacción.

Pódese aplicar, por exemplo, ás decisións de empresas: ao final de ano, unha empresa debe elixir se adicar os beneficios a reservas ou a distribuir entre os accionistas. É evidente que unha elección afecta á outra. Máis pode resultar que un aumento das reservas nun momento dado mellore o beneficio a longo prazo, co cal o trade-off tivo, posteriormente, aspectos positivos.

Moito máis claro, e próximo, é o seguinte exemplo: contando cunha cantidade limitada de diñeiro no peto, o habitual é que non poidamos mercar todo o que desexamos, e nos teñamos que obrigar a mercar unha cousa, ou outra.