Traballo social

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Traballo social é unha profesión anteriormente coñecida como Asistencia Social. A definición adoptada na Reunión Xeral celebrada en Montreal, en xullo de 2000 pola FITS, e máis recentemente pola, Asociación Internacional de Escolas de Traballo Social (IASSW) é a seguinte:

"A profesión do traballo social promove o cambio social, a solución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberación das persoas para incrementar o benestar. Mediante a utilización de teorías sobre o comportamento humano e os sistemas sociais, o traballo social intervén nos puntos nos que as persoas interactúan co seu contorno. Os principios dos dereitos humanos e a xustiza social son fundamentais para o traballo social".

O profesional encargado de exercer esta profesión é o Traballador Social, anteriormente coñecido como Asistente Social.

As funcións primordiais deste profesional, Traballador Social, son:

  • Detección, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación.
  • Planificación e programación dos recursos e servizos necesarios para atender os problemas e necesidades detectados.
  • Avaliación de problemas e derivación para a atención dos mesmos cara aos distintos servizos existentes cando así o requira o caso.
  • Promoción da toma de conciencia polas comunidades e individuos dos seus problemas, facilitándolles a participación nas tarefas comunitarias, impulsando o asociacionismo e fomentando actitudes e conciencia solidaria.
  • Promoción do desenvolvemento local a través de información e orientación individual e colectiva, así como apoio ós grupos portadores de iniciativas, negociación con empresarios, e tódalas accións que impliquen a incentivación socio-económica do municipio.
  • Axuda á integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.
  • Información, asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflito a nivel individual e colectivo.
  • Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]