Topeka, Kansas
|
|||||
| The City of Topeka | |||||
|---|---|---|---|---|---|
Topeka |
|||||
| Información | |||||
| País | |||||
| Estado | |||||
| Superficie • Total |
147,6 km² |
||||
| Poboación • Total |
122.113 (2006) |
||||
| Densidade | 841,8 hab./km² | ||||
| Altitude | 288 m | ||||
| Alcalde | Bill Bunten (R) | ||||
| Páxina oficial | |||||
Topeka é a capital do estado de Kansas en Estados Unidos. É a cuarta cidade máis grande do estado de Kansas, por detrás de Wichita, Overland Park e Kansas City. Tamén é a capital do Condado de Shawnee, que é foi chamado así xa que era o territorio que orixinalmente ocupaban os indios Shawnee. Segundo o censo do ano 2006, conta cunha poboación de 122.113 habitantes.
O nome Topeka é unha palabra utilizada polos nativos americanos que significa "bo lugar para cultivar patacas". Tres barcos da Armada dos Estados Unidos foron nomeados USS Topeka en honra á cidade. O 1 de marzo de 2010, o Alcalde de Topeka, Bill Bunten emitiu unha proclama pedindo que Topeka fose coñecida durante todo o mes como "Google, Kansas" ou máis concretamente: "Google, Kansas, the capital city of fiber optics" (do inglés: Google, Kansas, a capital da fibra óptica). Isto foi unha estratexia para axudar a "apoiar os esforzos para introducir na cidade o experimento de Google coa fibra óptica", aínda que non foi un troco de nome legal. Avogados asesoraron ao consello de cidade e ao alcalde en contra do troco de nome.
Poboación [editar]
Segundo o censo do ano 2006, a cidade contaba con 122.113 habitantes, cuxo orixe étnica era o seguinte:
- 78,52% Raza branca
- 11,71% Raza negra
- 8,86% Hispanoamericanos
- 3,26% Multiraciais
- 1,31% Nativos americanos
- 1,09% Asiáticos
- 0,04% Polinesios
- 4,06% outras orixes
Xeografía [editar]
- Altitude: 288 metros.
- Latitude: 39º 02' 53" N
- Lonxitude: 095º 40' 40" O
As coordenadas xeográficas de Topeka son 39°03′N 95°41′W / 39.05°N 95.683°W.