Tommaso Di Maria Monterosato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTommaso Di Maria Monterosato
Nome orixinalTommaso di Maria Allery Monterosato
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1841
Palermo
Morte1 de marzo de 1927
Palermo
Datos persoais
País de nacionalidadeitaliana
Actividade
Ocupaciónmalacólogo
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaMonterosato Editar o valor em Wikidata

Tommaso di Maria Monterosato, marqués de Monterosato, nado en Palermo o 27 de xuño de 1841 e finado na mesma cidade o 1 de marzo de 1927, foi un malacólogo italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monterosato foi un distinguido estudoso dos moluscos do Mediterráneo, apreciado polos estudosos da malacoloxía de todo o mundo. Dada a súa reticencia á investigación de campo, recolleu unha cantidade considerable de exemplares para ser estudados en colaboración con outros estudosos. Durante as súas moitas viaxes por Italia e polo estranxeiro, mantivo moitos contactos con famosos malacólogos. A súa produción científica foi de considárabel importancia. Describiu numerosas especies novas, enumerou as cunchas mediterráneas e estudou os fósiles do monte Pellegrino.[1]

En 1893 foi nomeado membro de Malacological Society of London.[1]

Segundo o Rexistro Mundial de Especies Mariñas (WoRMS) nomeou 345 especies mariñas, moitas das cales hoxe son sinónimos.[1]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Monterosato emprégase para recoñecer a Tommaso di Maria Monterosato como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Monterosato, Tommaso di Maria Allery en Shellers From the Past and the Present.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Liagazóns externas[editar | editar a fonte]