Tom Arnold
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Duane "Tom" Arnold, nado o 6 de marzo de 1959 en Ottumwa (Iowa), é un humorista e actor estadounidense.
Traxectoria [editar]
Actou en varios filmes, salientando a súa interpretación en True Lies (1994), foi guionista e actor ocasional na serie Roseanne interpretando a Arnie Thomas. Foi un dos presentadores de The Best Damn Sports Show Period (2001-2005).