Roseanne Barr
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roseanne Cherie Barr, nada o 3 de novembro de 1952 en Salt Lake City, é unha actriz, humorista e presentadora de televisión estadounidense.
Traxectoria [editar]
Barr é coñecida por protagonizar a serie Roseanne (1988-1997)pola que gañou un Emmy e un Globo de Ouro, ademais de seis premios People's Choice, tres premios American Comedy, un premio Kids Choice, un GLAAD Media e o premio TV Land. Presentou o seu propio talk show The Roseanne Show (1998-2000).