Tirantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neno con tirantes

Os tirantes son correas elásticas de tea que viran sobre os ombreiros para soster o pantalón.

Características[editar | editar a fonte]

Toda a correa dos tirantes pode ser elástica ou só ao final do accesorio. A maioría dos tirantes son de tea tecida cuns remates finais de coiro. As abrazadeiras engánchanse habitualmente ao pantalón con clips ou, menos comunmente hoxe día, con botóns.

Os tirantes leváronse case de forma mundial debido ao talle alto do pantalón de mediados do século XIX e comezos século XX. Esta figura fixo ao cinto pouco práctico posto que non se deseñou para que o pantalón descansase sobre as cadeiras. As pezas modernas con mellores elásticos e mellor aparencia poden xogar un papel en que os tirantes acabasen pasando de moda. Con todo, nalgúns países como Estados Unidos, moitos homes de negocios, locutores (o máis destacado, Larry King) e avogados, aínda levan tirantes, ben por imaxe, ben por comodidade, e considérase que van á moda por parte da maioría de expertos en Norteamérica. Tales tirantes polo xeral son consideradas como unha peza prestixiosa e son de alta calidade, o que significa que foron feitos para ser abotoados ao pantalón.