Tinguidura de Schmorl
A tinguidura de Schmorl é empregada para a visualización da matriz ósea, das lagoas e dos canículos óseos. Schmorl tamén é debilmente positivo en granuloma cerebrifoide no endometrio.
Descrición[editar | editar a fonte]
A tinguidura provócana dous axentes colorantes: a tianina amoniacal e o ácido pícrico saturado. A tianina precipita nas lagoas e canalículos, mentres que o pícrico forma picratos na matriz ósea. O resultado é que lagoas e canalículos colóranse de marrón escuro a negro, e a matriz ósea de amarelo a marrón claro.
Esta técnica é apta para óso, fixado en formol e seccionado a 5 micrómetros, e incompatible cos fixadores que conteñen sublimado, cortes de conxelación ou celoidina. O pH da solución da tionina é decisivo para unha boa tinguidura, por iso se deberían de realizar varios ensaios coa porcentaxe deste colorante (20% e 50%), así como engadindo algunhas gotas de amoníaco para alcanzar a solución.
- Reactivos
- Solución acuosa de tionina ao 0,25%
- Solución saturada de ácido pícrico
- Procedemento
- Lavar os cortes nun baño de auga destilada, 10 min.
- Filtrar unha parte da disolución de tionina e diluír cun volume igual ó de auga destilada. Engadir inmediatamente antes da súa utilización unha gota de amoníaco por cada 100cc de solución.
- Tinguir coa solución de tionina, 5-10 min.
- Lavar en auga destilada.
- Colorear coa solución de ácido pícrico, 30-60 seg.
- Diferenciar en etanol ó 70% ata que cese a extracción da cor azul, aprox. 5-10 min.
- Deshidratar, aclarar e montar.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- GARCÍA DEL MORAL, R. (1993). Interamericana Mc Graw Hill, ed. Laboratorio de anatomía patológica (1 Ed ed.).