Tianzhou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación dunha Tianzhou.

Tianzhou é a primeira nave de carga desenvolvida pola República Popular da China para dar servizo ás súas estacións espaciais.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os cargueiros Tianzhou teñen unha masa de case 13 toneladas, forma cilíndrica e un par de paneis solares para producir energxía. A súa estrutura deriva da primeira estación chinesa, Tiangong 1, e o primeiro Tianzhou deu servizo á estación Tiangong 2. Os cargueiros son lanzados mediante foguetes CZ-7 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Tianzhou 1 20 de abril de 2017 CZ-7 Éxito
Tianzhou 2 29 de maio de 2021 CZ-7 Éxito
Tianzhou 3 20 de setembro de 2021 CZ-7 Éxito
Tianzhou 4 9 de maio de 2022 CZ-7 Éxito
Tianzhou 5 12 de novembro de 2022 CZ-7 Éxito
Tianzhou 6 10 de maio de 2023 CZ-7 Éxito
Tianzhou 7 17 de xaneiro de 2024 CZ-7 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2022). "Tianzhou" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Tianzhou 1, 2, 3, 4 (TZ 1, 2, 3, 4)" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]