Theodor Evertz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTheodor Evertz
Biografía
Nacementodécada de 1500 Editar o valor em Wikidata (509/519 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: e5b3cfff-3c2f-4b3f-8e0f-46d612d16c1a Editar o valor em Wikidata

Theodor Evertz (fl. c. 1554) foi un compositor dos Países Baixos dos Absburgo, da época do Renacemento, pertencente á escola francoflamenga.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco se coñece hoxe acerca de Evertz. Tres das súas cancións holandesas consérvanse na antoloxía de cancións holandesas titulada Dat ierste boeck vanden nieuwe Duijtsche liedekens, publicada por Jacob Baethen en Maastricht en 1554. Son as seguintes :

  • O Venus jent aensiet toch mijn torment ("Oh Venus, torturador, ten piedade de min").
  • Ontwaect Van slaep nu wij ghij sijt ("Esperta, quen queira que sexas").
  • Schoen lief ic mach wel claeghen ("Miña amada, chora ao ceo").

Non se conserva ningún conxunto completo de partituras da antoloxía de Jacob Baethen (falta a voz de soprano), mais unha das cancións para catro voces foi publicada por Petrus Phalesius na súa obra Een Duijtsch musijck boeck, en 1572, da que se conserva polo menos unha copia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Theodor Evertz" en Encyclo.nl Nederlandse Encyclopedie.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bonda, Jan Willem. De meerstemmige Nederlandse liederen van de vijftiende en zestiende eeuw. Hilversum. Verloen, 1996. [ISBN 90-6550-545-8]