The Prodigy
| The Prodigy | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Braintree, Essex, Inglaterra |
| Período | 1990 - actualidade |
| Xénero(s) | big beat, dance-punk, electrónica, hardcore, dance alternativo, rave, breakbeat hardcore |
| Selo(s) discográfico(s) | Take Me to the Hospital, Ragged Flag, Cooking Vinyl, XL, Beggars Banquet, Mute, Maverick, Warner Bros., Elektra, Shock |
| Membros | Liam Howlett Keith Flint Maxim Reality |
| Antigos membros | Leeroy Thornhill Sharky |
| Web oficial | http://www.theprodigy.com/ |
The Prodigy é unha banda ingesa de música dance electrónica formada por Liam Howlett in 1990 en Braintree, Essex. Xunto con Fatboy Slim, The Chemical Brothers e outros artistas, The Prodigy son considerados os pioneiros do xénero big beat, que acadou a popularidade nos anos 90 e 2000. O grupo leva vendidos uns 25 millóns de discos en todo o mundo, e gañou numerosos premios ao longo da súa carreira, incluídos dous Brit Awards, tres MTV Video Music Awards, dous Kerrang! Awards e cinco MTV Europe Music Awards, ademáis de estar dúas veces nomeados a un Grammy.
O estilo do grupo foi uso de varios xéneros que ven dende o rave, o hardcore techno, a música industrial, e o breakbeat a principios dos 90, ata o big beat e o rock electrónico con elementos vocais do punk rock nos últimos anos. Os membros actuais son Liam Howlett (teclados e composición), Keith Flint (baile e voz), e Maxim (voz). Leeroy Thornhill (baile e teclista ocasional ao vivo) foi compoñente do grupo dende 1990 a 2000, e houbo unha bailarina e vocalista chamada Sharky que deixou The Prodigy nos seus primeiros tempos. A banda xurdíu da escena rave underground a principios dos 90 e dende entón acadou unha gran popularidade en todo o mundo.
Discografía [editar]
- Experience - 1992
- Music for the Jilted Generation - 1994
- The Fat of the Land - 1997
- Always Outnumbered, Never Outgunned - 2004
- Invaders Must Die - 2009