Dance-punk
| Dance-punk | |
|---|---|
| Orixes do estilo: | dance, punk rock, disco, No Wave, New Wave, indie rock, post-punk, funk rock |
| Orixes culturais: | anos 70, Nova York e Londres |
| Instrumentos típicos: | guitarra, baixo, batería, caixa de ritmos, sintetizadores |
| Popularidade: | no underground a meirande parte da súa historia, máis popular nos anos 2000 |
| Derivados: | new rave |
O dance-punk, tamén coñecido como disco-punk ou punk-funk, é un xénero musical aparecido a finais dos anos 70 e revivido na década dos 2000 que está estreitamente relacionado cos movementos post-punk e No Wave.
Predecesores [editar]
Moitos grupos na época do post-punk adoptaron tempos máis rítmicos, propicios para bailar. Esas bandas estaban influenciadas pola música disco, o funk e outras músicas de baile populares nese tempo, ademais foron precedidos dalgúns traballos dos 70 de artistas como David Bowie, Brian Eno ou Iggy Pop, e de gravacións de bandas alemás de Krautrock. Entre os grupos dos 80 que influenciaron a estas bandas están Public Image Ltd., Gang of Four, New Order, Killing Joke, The Cure e Siouxsie and the Banshees. da escena dance-punk de Nova York saíron Material, James Chance and the Contortions, Cristina Monet, ESG e Liquid Liquid. A cantante punk alemá Nina Hagen tivo un éxito dance no underground no ano 1983 con "New York / N.Y.", que mesturaba a súa voz punk con ristmos disco.
Dance-punk contemporáneo [editar]
O dance-punk foi revivido por varias bandas da escena garage rock/post-punk revival a comezos dos anos 2000, particularmente por artistas como LCD Soundsystem (e o seu selo, DFA Records), Clinic, Death From Above 1979, Liars, The Rapture, !!! e Radio 4, aos que se lle uniron grupos máis orientados ao dance que adoptaron sons rock como Out Hud. No Reino Unido a cambinación do indie co dance-punk foi chamada como new rave na promoción de Klaxons, e o termo foi adoptado pola revista NME e usado con grupos como Trash Fashion, New Young Pony Club,Hadouken!, Late of the Pier, Test Icicles e Shitdisco, formando unha escena cunha estética visual semellante á primeira música rave.