The Polar Express

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o artigo sobre o filme véxase The Polar Express (filme).
The Polar Express
Autor Chris Van Allsburg
Ilustrador Chris Van Allsburg
País Estados Unidos
Lingua Inglés
Xénero(s) Literatura infantil con ilustracións
Data de pub. 1985
ISBN ISBN 978-0395389492


The Polar Express é un libro infantil inglés escrito e ilustrado por Chris Van Allsburg, un antigo profesor da Rhode Island School of Design. No ano 2004 foi adaptado para o cinema co título homónimo de The Polar Express.

O libro está considerado xeralmente como un clásico de nadal para lectores novos. Foi louvado polos súas detalladas ilustracións e pola relaxante e tranquila historia. En 1986 gañou a Caldecott Medal de literatura para nenos.

Argumento[editar | editar a fonte]

Conta a historia dun rapaz que na Noiteboa está comezando a deixar de crer en Santa Claus. Porén, un tren máxico chamado o Polar Express chega fronte á súa casa e convídao a viaxar ao Polo Norte. En chegando ao Polo Norte, o pícaro é escollido por Santa Claus para recibir o primeiro regalo de Nadal. El escolle un axóuxere brillante e prateado da zorra de Santa e que fai un fermosísimo son. Ao pasaren os anos, a xente do seu contorno dinlle que o axóuxere non funciona xa que non lle escoitan o son, mesmo os pais e a irmá. Mais tamén hai persoas que aínda poden oílo, aqueles que aínda cren verdadeiramente en Santa Claus.