The Notebook (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Notebook
Ficha técnica
Título orixinalThe Notebook
DirectorNick Cassavetes
ProdutorMark Johnson
Lynn Harris
GuiónJeremy Leven
Baseado enThe Notebookde Nicholas Sparks
IntérpretesRyan Gosling
Rachel McAdams
James Garner
Gena Rowlands
MúsicaAaron Zigman
FotografíaRobert Fraisse
MontaxeAlan Heim
EstudioAvery Pix
DistribuidoraNew Line Cinema
Estrea20 de maio de 2004
Duración124 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroRomántica
Orzamento$29.000.000
Recadación$115.603.229
Na rede
http://www.thenotebookmovie.com/
IMDB: tt0332280 Filmaffinity: 738597 Allocine: 47422 Rottentomatoes: m/notebook Mojo: notebook Allmovie: v294018 TCM: 452564 Metacritic: movie/the-notebook TV.com: movies/the-notebook Netlix: 60036227Editar o valor em Wikidata

The Notebook é un filme romántico e dramático dirixido por Nick Cassavetes que se estreou no 2004. Baséase no libro The Notebook do escritor norteamericano Nicholas Sparks. Está protagonizado por Ryan Gosling e Rachel McAdams, que interpretan á parella de mozos que se namoran na década de 1940. A súa historia é narrada dende o presente por un home maior (interpretado por James Garner) que lle le a historia a unha compañeira da residencia (interpretada por Gena Rowlands).

The Notebook recibiu críticas diversas, mais tivo boa acollida do público e foi nomeado a varios galardóns, gañando oito Teen Choice Awards, un Satellite Award e un MTV Movie Award. Ós poucos, foise convertendo nun filme de culto.[1][2] O 11 de novembro de 2012, ABC Family estreou unha versión estendida con escenas eliminadas.[3]

Argumento[editar | editar a fonte]

Un ancián vaille contando unha historia a unha anciá que ten alzhéimer.

A historia está ambientada nos anos corenta. Unha moza adolescente, Allie Hamilton, de familia adiñeirada, vai pasar o verán canda a súa familia á cidade costeira de Seabrook, onde coñecerá a un rapaz, traballador dunha fábrica, de familia humilde, chamado Noah Calhoun, co que vivirá un romance estival intenso. A familia de Allie non está de acordo coa relación, e incluso adiantarán a fin das súas vacacións para rompela. Logo, durante un ano, Noah estaralle escribindo unha carta por día a Allie, mais esta nunca recibirá as misivas, pois serán todas interceptadas pola súa nai. Noah e Allie perderán o contacto seguindo as súas vidas por separado.

Sete anos despois, cando Allie está probando o seu vestido de voda (vai casar con Lon, un home de boa clase social), olla no xornal unha fotografía de Noah e decide volver ao pobo onde se coñeceran e no que Noah aínda vive. Con todo, ao final Allie e Noah viven felices xuntos.

Allie é a vella con alzhéimer e el o ancián que lle le a historia para que recorde quen é.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Rodaxe[editar | editar a fonte]

Boone Hall, a casa dos Hamilton na película

A rodaxe comezou o 7 de novembro de 2002 en Carolina do Sur cun orzamento de 30 millóns de dólares e prolongouse até febreiro de 2003. Nick Cassavetes buscou incansablemente o lugar perfecto para rodar a película. O produtor Mark Johnson explicaba que a película requiría unha pequena cidade do sur nunha contorna tranquila e rural, xa que a novela de Nicholas Sparks está ambientada en Newburn, Carolina do Norte, pero cando visitaron a zona de Charleston aos produtores gustoulles o sitio, así que trasladaron alí a historia.

Ambientaron logo a película no contorna costeira de Carolina nos anos corenta, foi rodada case en toda a súa totalidade en localizacións de Carolina do Sur: nas cidades de Charleston e Georgetown, a illa de Edisto, a base naval de Charleston, varias exuberantes plantacións e os Cypress Gardens do condado de Berkeley.

Diferenzas coa novela[editar | editar a fonte]

  • Na novela, Noah e Allie vólvense a ver tras 14 anos, no filme son 7.
  • Na novela, Allie e Noah coñecéronse no verán de 1932, mentres que na película foi nos anos 40.
  • Na novela Allie convértese nunha artista internacional.
  • Noah escríbelle a Allie 365 cartas (unha diaria) na película, na novela redáctalle unha ao mes.
  • Na novela, o pai de Allie é quen se opón á relación, en cambio, na película é a nai.
  • Na novela, Allie xa tiña noivo denantes de coñecer a Noah.
  • Na novela, Fin (o amigo de Noah) estaba enamorado de Allie.

Galardóns[editar | editar a fonte]

A película recibiu 12 premios e 3 nomeamentos.

Premios[editar | editar a fonte]

Teen Choice Awards
Candidatura Categoría Resultado Ano
Nick Cassavetes Mellor película dramática Gañador 2005
Ryan Gosling Mellor actor revelación masculino Gañador 2005
Ryan Gosling Mellor actor dramático Gañador 2005
Rachel McAdams Mellor actriz dramática Gañadora 2005
Ryan Gosling e Rachel McAdams Mellor química entre actores Gañadores 2005
Ryan Gosling e Rachel McAdams Mellor escena de amor Gañador 2005
Mtv Movie Award
Candidatura Categoría Resultado Ano
Ryan Gosling e Rachel McAdams Mellor bico Gañadores 2005
Rachel McAdams Mellor actriz feminina Gañadora 2005
Screen Actors Guild Awards
Candidatura Categoría Resultado Ano
James Garner Mellor actor secundario Gañador 2005
Premios Satellite
Candidatura Categoría Resultado Ano
Gena Rowlands Mellor actriz secundaria Gañadora 2005
Casting Society of America
Candidatura Categoría Resultado Ano
Matthew Barry e Nancy Green-Keyes Mellor casting de película Gañadores 2005
BMI Film Music
Candidatura Categoría Resultado Ano
Aaron Zigman Mellor música de película Gañador 2005

Candidaturas[editar | editar a fonte]

Golden Trailer Awards
Candidatura Categoría Resultado Ano
Nick Cassavetes Mellor romance Candidato 2005
Teen Choice Awards
Candidatura Categoría Resultado Ano
Ryan Gosling e Rachel McAdams Mellor baile de película Candidatos 2005

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Greve, Joan E. (25 de xuño de 2014). "9 Best Quotes from The Notebook". Time. Consultado o 26 de xullo de 2014. 
  2. "'The Notebook' director claims Ryan Gosling tried to have Rachel McAdams removed from film". NME. 3 de xullo de 2014. Consultado o 26 de xullo de 2014. 
  3. "The Notebook Special Edition on ABC Family This Sunday". Nicholas Sparks: The Official Website. Consultado o 17 de novembro de 2012. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]